InicioVigo e contornaVigoVigo quedará sen reunións de non conviventes á noite tras subir ao...

Vigo quedará sen reunións de non conviventes á noite tras subir ao nivel alto de restricións

O mesmo acontece con Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo pasa ao nivel máximo de restricións e verá restrinxidas as reunións de non conviventes entre a 1 e as 6 da mañá. Así o vén de anunciar o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa para informar as medidas adoptadas polo comité clínico, onde se deron a coñecer tanto as novas medidas restritivas como o nivel incidencia de certos concellos escollidos.

Entre eles estaba o consistorio olívico, que pasa a nivel alto de restricións tras varias xornadas coa área sanitaria viguesa á cabeza de contaxios de Galicia. Este incremento nas restricións implicará que as reunións de non conviventes estean prohibidas entre a 1 e as 6 da mañá; mentres que, de estar en nivel medio e baixo, as reunións estaría prohibidas entre as 3 e as 6.

Feijóo engadiu á parte que a Xunta de Galicia  limitará desde este sábado as reunións a seis persoas no interior e a 10 no exterior, ou dúas unidades de conviventes en ambos os casos, debido á situación epidemiolóxica pola Covid-19.

Galicia eleva a sete concellos a nivel máximo de restricións debido á situación epidemiolóxica pola Covid-19, entre os que se inclúen os turísticos de Sanxenxo, Boiro, O Grove e Cambados, mentres que 29 estarán en nivel alto, entre eles as cidades de Vigo, Pontevedra e Ourense debido ao incremento da incidencia, o que supón un 35% da poboación.

A cuestión dos niveis de restricións gaña de novo impacto tras o anuncio dos novos límites ás reunións, xa que estas –sempre que sexan entre non conviventes– estarán prohibidas entre a 1,00 e as 6,00 horas nos municipios con nivel máximo e alto de restricións. No caso dos municipios en nivel medio e alto, onde segue aberto o lecer nocturno, as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre as 3,00 e as 6,00 horas

Así o anunciou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa para informar as medidas adoptadas polo comité clínico, e puntualizou que no nivel máximo haberá un 3,3% da poboación galega. Na contorna de Vigo, tamén se atopan en nivel alto Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...