InicioVigo e contornaVigo rexistra outros 230 novos contaxios en plena repunta da covid

Vigo rexistra outros 230 novos contaxios en plena repunta da covid

A área olívica suma 5 ingresos con covid, ningún deles en UCI.

PUBLICADO O

Galicia supera os 10.000 casos activos de covid-19, con 10.363 infeccións activas, tras varios días consecutivos de ascenso, nunha xornada na que tamén sobe a presión asistencial, con 23 novos hospitalizados.

Segundo os datos feitos públicos este domingo pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do sábado, hai 122 persoas ingresas por covid-19, 23 persoas máis que na xornada anterior. Do total, 100 están en unidades de hospitalización convencional –21 máis–, e 22 en unidades de coidados intensivos –dous máis–.

Os novos contaxios detectados nun só día en Galicia baixan ata os 1.170, tras dúas xornadas consecutivas por encima dos 1.300. Respecto deste sábado, notificáronse 168 casos novos menos.

Se se observan as cifras por áreas sanitarias, a presión asistencial sobe en seis das sete zonas, e non descende en ningunha. Vigo que contabiliza 22 hospitalizados (+5), pero mantén os dous pacientes en UCI notificados na xornada anterior; cifras que a sitúan por detrás de Coruña e Ourense, máis afectadas.

MÁIS DE 10.000 CASOS ACTIVOS

Galicia contabiliza, segundo datos das 18,00 do venres, un total de 10.363 casos activos de covid-19, que implican 946 máis que o día anterior. Por tanto, mantense a tendencia ascendente por vixésimo quinto día consecutiva. Por áreas sanitarias, todas elas seguen co ascenso exponencial. A maior subida rexístraa a da Coruña-Cee, que alcanza os 1.730 (+213); seguida pola de Vigo, que suma xa 2.319 casos activos (+189).

A área olívica rexistra estes datos despois de contar 230 positivos nunha soa xornada, cifra que se sitúa por detrás da recollida na Coruña-Cee e que tamén é menor que a publicada para o distrito olívico na xornada anterior.

TAXA DE POSITIVIDADE DISPARADA

Galicia levou a cabo desde o inicio da pandemia 2.462.257 PCR. Isto implica que no último día realizáronse 7.567 probas, unhas 900 menos que as feitas a xornada anterior. No que respecta á taxa de positividade das PCR, segue en ascenso, e alcanza este domingo o 13,39%. Así, a Comunidade galega segue moi por enriba dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata a semana pasada, non superaba desde o 15 de febreiro.

FALECIDOS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 no conxunto de Galicia desde o inicio da pandemia seguen en 2.442 ao non notificar Sanidade novos falecementos a noite do sábado. Fronte a iso, 127.922 pacientes curáronse deste coronavirus no conxunto da Comunidade, 224 persoas máis que as rexistradas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...