InicioVigo e contornaVigoCase 700 obras optan a proxectarse no festival de cinema 'freaky' de...

Case 700 obras optan a proxectarse no festival de cinema ‘freaky’ de Vigo, que se celebrará a finais de setembro

Unha das novidades da quinta edición do festival é a celebración do 'Pequefreak',

PUBLICADO O

O ‘Galician Freaky Filme Festival’, que se celebra en Vigo a finais de setembro, recibiu un total de 677 pezas audiovisuais para a súa quinta edición, a maior cifra desde o seu nacemento en 2017. Delas, o 17% son producións galegas, un dato que tamén crece respecto de anos anteriores.

Segundo afirma a organización do festival nun comunicado, o certame celebrarase do 29 de setembro ao 2 de outubro deste ano con propostas de diversos países do mundo: un 23% procede de América, o 17% de Oceanía, máis do 12% de países europeos e o 7% de Asia.

Unha das novidades da quinta edición do festival é a celebración do ‘Pequefreak‘, unha xornada cunha programación propia de traballos audiovisuais para os máis pequenos, que se divide por franxas de idade que van dos 4 aos 15 anos. Ademais, tamén haberá unha actividade de realidade virtual e talleres ‘freaks’ para os nenos.

O equipo de programación do evento encargarase de visionar previamente o material para dar forma á sección oficial, composta por case 60 obras, “a maior parte delas, curtametraxes”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...