InicioSociedadeAbel Caballero censura que o Porto "se atreva a falar de medio...

Abel Caballero censura que o Porto “se atreva a falar de medio ambiente”

Critica que esté a construír un recheo á beira da lonxa "para facer un aparcadoiro de camións".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este venres a actuación da Autoridade Portuaria da cidade, por celebrar actividades con motivo da semana do Medio Ambiente e os Océanos cando, ao mesmo tempo, está a construír un recheo na zona de Beiramar e prevé outros “inmensos” na terminal de Bouzas.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico censurou que o Porto “se atreva a falar de medio ambiente” cando está a construír un recheo á beira da lonxa “para facer un aparcadoiro de camións”. “Tómannos o pelo?”, cuestionou Caballero, que lembrou que o mesmo porto prevé “recheos inmensos” en Bouzas. “Que xa pararei como sexa”, proclamou, e insistiu na súa “oposición total” a estas actuacións.

O alcalde subliñou que Vigo ten en marcha un proxecto de cidade sustentable e, nese marco, “hai un principio que é intocable: nin un só metro cadrado de recheo”. “O mar en Vigo non se toca”, proclamou, e lamentou que “este é o porto nomeado e xestionado desde a Xunta”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...