InicioSociedadeAbel Caballero acusa á Xunta de "apropiarse" da ampliación do polígono de...

Abel Caballero acusa á Xunta de “apropiarse” da ampliación do polígono de Balaídos

O alcalde lembra que esa actuación "a fai a Zona Franca".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de Galicia de “apropiarse” das actuacións “dos demais”, en relación coa ampliación do polígono industrial de Balaídos, e lembrou que esa actuación “a fai a Zona Franca e promóvea o Concello”.

Así respondeu o alcalde á conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, que nas últimas horas visitou a cidade e sinalou que a modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais permitirá, entre outras actuacións, a ampliación dese polígono en máis de 166.000 metros cadrados.

Nunha rolda de prensa, o rexedor afirmou que “a Xunta non fai nada en Vigo e quérese apropiar do que fan os demais”, e afirmou que “é falso” que a administración autonómica vaia a ampliar esa zona empresarial. “Faino Zona Franca e promóveo o Concello, a Xunta dá unha autorización burocrática”, sinalou.

Abel Caballero volveu a denunciar que o goberno galego non construíu “nin un metro cadrado de chan industrial na cidade”. “Afeccionáronse á mentira”, indicou o alcalde, que constatou que a conselleira “enganou” aos xornalistas na súa visita á cidade.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...