InicioSociedadeA UVigo lidera un proxecto europeo que usa robots para reducir accidentes...

A UVigo lidera un proxecto europeo que usa robots para reducir accidentes en tramos de estradas

Os robots dedicaranse ao mantemento de tramos con obras e resolverán os problemas de asfaltado, reparación e mellora.

PUBLICADO O

A Universidade de Vigo lidera o proxecto internacional ‘Infra-Rob‘, a partir do que busca utilizar solucións robotizadas autónomas para o mantemento da integridade, rendemento e seguridade das infraestruturas viarias, e con iso, reducir a sinistralidade existente en tramos con obras, tanto de traballadores como de condutores.

Segundo informou a institución viguesa, o consorcio liderado polo grupo GeoTech da UVigo está conformado por 18 socios -empresas, centros tecnolóxicos e consultoras- de oito países, en concreto España, Portugal, Italia, Bélxica, Alemaña, Austria, Suíza e Dinamarca.

O proxecto, que se enmarca na convocatoria H2020 da Comisión Europea, arrincará en setembro deste ano cunha duración de 42 meses e un orzamento de cinco millóns de euros, dos que 860.000 euros irán parar á Universidade de Vigo.

Co obxectivo de resolver os problemas co asfaltado, reparación e mellora das estradas, os investigadores deseñarán unha serie de solucións robotizadas que “permitirán minimizar e mesmo, nalgúns casos, eliminar a intervención das persoas traballadoras nos labores máis pesados e de maior risco”.

A maiores, os socios do proxecto desenvolverán “solucións tecnolóxicas baseadas en robots” cuxo obxectivo será “reducir o risco de accidentes dos vehículos que circulan” por estradas en obras. Así, conectaranse drones a robots en terra para monitorar tanto aos operarios como aos vehículos e xerar sinais de alarma ante posibles accidentes.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...