InicioCulturaA ESAD adhírese ao Instituto Internacional de Teatro da Unesco

A ESAD adhírese ao Instituto Internacional de Teatro da Unesco

É a primeira escola de arte dramática do Estado representada na organización.

PUBLICADO O

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), situada en Vigo, foi admitida no Instituto Internacional de Teatro -organización vinculada á Unesco-, de modo que “se converte na única escola de arte dramática do Estado representada” nesta organización.

Así o comunicou a institución galega, que explicou que o proceso de admisión do centro galego iniciouse hai máis dun ano e se enmarca no traballo de proxección exterior realizado a través de diversas iniciativas, como o programa de intercambio Erasmus+.

A ESAD remarcou que busca “a integración das artes escénicas en todos os niveis da educación” e “defende un financiamento adecuado“. Neste marco, subliñou que entende o teatro “como unha ferramenta de construción e desenvolvemento de comunidades máis xustas e asertivas” que ademais “coida a preservación do patrimonio material e inmaterial”.

Segundo indicou, coa súa adhesión ao Instituto Internacional do Teatro, pasa a ser “de facto a representante de España”, xunto ao Instituto de Danza Alicia Alonso-integrado na Universidade Rei Juan Carlos-, nos encontros internacionais que celebra anualmente a organización internacional. O próximo evento celebrarase en Dubai en 2022.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

Luz verde do Consello de Ministros á modificación que permite a conexión de moi alta tensión para Stellantis Vigo

O Consello de Ministros aprobou este martes a modificación puntual ao Plan de Desenvolvemento...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...