InicioSociedadeVigo, un dos concellos con menor taxa de natalidade de España

Vigo, un dos concellos con menor taxa de natalidade de España

Hai ata catro municipios galegos no top 15 de menor número medio de fillos por muller do Estado.

PUBLICADO O

Oleiros (posto 21), A Coruña (46) e Santiago (48) son o tres únicos municipios galegos no top 50 de España con maior renda anual por habitante, segundo figura nos Indicadores Urbanos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE). Pola contra, Vigo está no Top 15 dos concellos con menor número medio de fillos por habitante.

Pozuelo de Alarcón (28.326 euros) encabeza esta lista que emprega datos de 2018. Pola súa banda, Oleiros conta cunha renda anual por habitante de 16.170 euros, mentres A Coruña (14.106) e Santiago (13.950 euros) están a máis distancia. Ademais, ningún concello galego está no top 50 de menor renda.

Así mesmo, nesta estatística pódense observan diferentes indicadores. Por exemplo, entre os municipios con menor taxa de paro están Lugo (posto 13) e Santiago (14), que contan cunha taxa do 10,1% e 11%, respectivamente.

En cambio, Ferrol é o concello con peor taxa de actividade do país (do 49%). Tamén Ourense ocupa o noveno peor posto, co 51,4%. Pola súa banda, hai ata catro municipios galegos no top 15 de menor número medio de fillos por muller: Ourense (posto 9), Ferrol (11), Vigo (14) e A Coruña (15). Nos catro casos a media é de pouco máis dun fillo.

ÁREAS METROPOLITANAS

Ademais, o INE ofrece datos por áreas metropolitanas, máis aló de municipios. Deste xeito, a área da Coruña é a décima de España con maior renda (13.437 euros).

Así mesmo, a área de Vigo é a sétima con maior proporción de emprego na industria, co 19,2%, mentres que aquí a área de Ferrol ocupa o décimo posto (17,8%).

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...