InicioVigo e contornaVigoSabes cal é a orixe da merluza?

Sabes cal é a orixe da merluza?

O seu antepasado viviu fai 50 millóns de anos nas augas de Groenlandia.

PUBLICADO O

Científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO), en colaboración ca Universidade de Vigo, a Universidade Autónoma de Barcelona e o Instituto de Ciencias del Mar (ICM-CSIC) fixeron unha análise xenética a 1205 exemplares de merluzar de todo o mundo que permitiu reconstruír a súa historia evolutiva.

Os fósiles de merluza máis antigos datan de fai uns 50 millóns de anos, cando comezaron a aparecer ecosistemas parecidos aos actuais. A merluza norteamericana é a máis antiga e extendeuse dende Groenlandia ata o sur a través dun océano Atlántico aínda nacente, ata chegar ao océano Pacífico. Porén, o peche da vía de panamá, fai 3,5 millóns de anos, actuou de barreira e favoreceu a especiación.

Este traballo suxire que unha orixe comun para as especies de merluza encontradas no Pacífico e Atlántico Sur. “É un fito conseguir esta información a partir de mostras fixadas de museo, a pesar de que aínda existen lagoas de coñecemento na taxonomía da merluza” explica a investigadora do Centro Oceanográfico de Vigo e primeira autora do traballo, Montse Pérez.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...