InicioSucesosDetidas dúas persoas esta fin de semana por supostos delitos de violencia...

Detidas dúas persoas esta fin de semana por supostos delitos de violencia de xénero

PUBLICADO O

Esta fin de semana a Policía Local de Vigo procedeu á detención de D.S.A, varón de 28 anos de idade, nacido en Portugal e domiciliado en Vigo; así como de G.A, de 48 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo, ambos por presuntos delitos de violencia de xénero.

Ás 15:10 horas deste sábado, a Central recibiu a chamada de dúas persoas, as cales manifestaron que desde as fiestras dos seus domicilios escoitaron gritos de socorro dunha muller, podendo observar ambos que un individuo sacara do asento do acompañante dun turismo a unha nova, para acto seguido arroxala á vía pública á beira do vehículo e a continuación arrincar, para logo dar marcha atrás cara a ela, interpoñéndose entre ambos un mozo que transitaba en bicicleta polo lugar.

As testemuñas manifestaron ademais que a muller foi camiñando en dirección á rúa O Grove, polo que os policías fixeron o mesmo percorrido a pé para intentar alcanzala.

ASEGUROU RECIBIR MALOS TRATOS DE FORMA HABITUAL

Pouco despois localizaron no interior dunha cafetería na rúa Estrada á muller que
estaban buscando, xa que se atopaba soa coa roupa chea de terra; tras dirixirse cara a ela observaron que presentaba hematomas e rascaduras visibles tanto no brazo como no ombro dereito do seu corpo.

Tras ser consultada polos Axentes, esta manifestou que pouco antes a súa parella sentimental a arroxara do vehículo tras unha discusión, así como que de xeito habitual recibe malos tratos físicos, pero que nunca o denunciou.

Cando se dispoñían a acompañar á vítima ao exterior da cafetería, a muller sinalou ao condutor dun turismo da marca BMW 320 como a súa parella, (o cal atopábase en devandita rúa tratando de estacionar), dirixíndose a muller cara ao varón reprochándolle o que fixera, ante o cal os policías procederon á súa detención sen que negase os feitos.

UNHA FORTE DISCUSIÓN POR CELOS

A outra detención ocorreu sobre as 19:30 horas deste domingo nun piso da Travesía de Vigo. Á hora indicada a Policía Local recibiu a chamada dunha muller, a cal manifestou ser veciña dunha vivenda na dirección indicada e que tras escoitar unha forte discusión e gritos mirou pola mira da súa porta, observando a unha muller ensanguentada e chorando.

Unha patrulla desprazouse ao lugar, observando manchas de sangue no acceso á vivenda, polo que chamaron á porta sendo recibidos por D.S.A. Os Axentes observaron que todo estaba revolto no interior, con cristais no chan e varias manchas de sangue no corredor e paredes do piso, solicitando os actuantes falar coa muller.

A suposta vítima atopábase no dormitorio chorando de forma desconsolada, a cal
presentaba un corte importante no cóbado do brazo dereito do que emanaba abundante sangue.

A muller, que non especificou como se produciu a lesión, manifestou que momentos antes tras unha forte discusión por celos, forcexou coa súa parella e ela saíu mal parada. Debido á ferida, a muller foi trasladala en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O varón corroborou que tivera unha forte discusión coa súa parella e que ambos se engarzaran nunha disputa na que se causaron lesións mutuamente. Tras realizar estas declaracións, D.S.A. reaccionou de xeito violento dando un forte golpe na parede coa súa man dereita, danándose a mesma. Por todo iso procederon á detención de devandito individuo.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...