InicioSociedadeOs veciños de Torrecedeira quéixanse de "multas masivas"

Os veciños de Torrecedeira quéixanse de “multas masivas”

PUBLICADO O

Trala denuncia por parte da veciñanza de Torrecedeira da inseguridade cidadá na que están a vivir, con numerosos conflitos nas rúas como roubos ou pelexas, aumentou a presencia policial no barrio.

Pero agora un gran número dos veciños continúan descontentos e non cesa en absoluto a indignación popular posto que observaron un “gran aumento” das multas tanto aos vehículos aparcados en dobre fila (algúns deles comerciantes en accións de carga e descarga) como aos vehículos que, como aparece nesta fotografía, son estacionados en sentido contrario á marcha e o resto de automóbiles.

Algo que, aseguran moitos deles, “non viran nunca”, e aseguran que está a multarse por isto incluso en lugares con liña descontinua. Polo tanto, defenden que a acción policial, máis que solucionar a conflitividade do barrio, está a castigar aos veciños e comercios da zona, que ao non ter lugar onde aparcar vense obrigados a invadir momentaneamente a calzada ou estacionarse en dobre fila para realizar cargas e descargas.

E aos escasos sitios para aparcar súmase a actuación incívica dalgúns condutores que non aproveitan ben o espazo ou deixan o coche aparcado durante días e días, polo que poden pasar máis de media hora buscando estacionamento, ou se cadra volverse misión imposible. O malestar do barrio será visible o próximo luns 9 cunha gran manifestación.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...