InicioVigo e contornaVigoDeixan "tirado" na porta dun hospital de Cee a un veciño de...

Deixan “tirado” na porta dun hospital de Cee a un veciño de Vigo positivo por COVID

PUBLICADO O

- Advertisement -

Elías Outes, nado en Corcubión, traballou durante anos en Vigo onde tiña a súa residencia pero fai dous anos volveu novamente á súa vila natal. En Vigo tamén ten a súa tarxeta sanitaria, polo que o seu hospital de referencia segue estando en Vigo.

Tivo os primeiros síntomas o venres 15 de xaneiro, polo que foi confinado na súa vila de San Marcos (Corcubión). Os síntomas foron a máis cando ao empeorar o seu estado de saúde chamou ao 061 para que acudisen ao seu domiclio e o trasladase ao hospital máis cercano. Na propia ambulancia advírtenlle que non tiña o seu Centro de Referencia en Corcubión se non en Vigo. A ambulancia trasládao ao Hospital Virxe da Xunqueira, onde lle dan tratamento, conseguindo unha boa mellora en poucas horas.

É a 1:00h da madrugada cando lle dan a alta. “Pregúntanme como viñen, dígolle que en ambulancia, pois o meu núcleo familiar tamén é positivo e está illado”, asegura en declaracións a Que Pasa na Costa. Novamente chama á ambulancia. Pero novamente volve a advertirlle que se o seu hospital de referencia é Vigo e pode haber problemas para envialo de volta a casa.

Media hora despois, a administrativa trasládalle que a ambulancia lle é denegada, “porque a plataforma tecnolóxica non lle deixa pedila”-. “dixéronme que tiña que cambiar os papeis… Como vou a cambiar os papeis se é a 1:30h da madrugada?”. Segundo sintala, explicou novamente a situación pero “o médico insiste e ponme fóra, que estou de alta e teño que marchar. Como pode pasar iso? Un positivo COVID, feito polvo, abandonado á miña sorte, que teño que volver á miña casa, incumprindo as normas e os peches perimetrais por un fallo?”, sinala o afectado. (Os peches perimetrais non se aplian no caso dunha urxencia médica ) “Non podo coller un taxi, non puiden pedir sequera unha folla de reclamacións porque os enfermos Covid non podemos achegarnos ao mostrador… Unha vergonza”, denuncia.

Finalmente consegue voltar á súa casa en Corcubión gracias a un amigo, que se achega ata o Hospital e deixoulle o coche na porta coas chaves postas, para que o doente volvese conducindo a casa, e o propietario volvese camiñando para non contaxiarse.
Todo nunha crúa noite, chovendo, e nun estado de saúde bastante precario.

“É certo que un día despois recibín a chamada do Hospital pedindo perdón, dando instrucións para que non volva ocorrer”, aclara. “Pero deixelle claro que cando a miña saúde mo permita vouno denunciar pertinentemente, e lle dixen que eles no meu lugar farían o mesmo, porque hai que ser crítico co sistema para que non volvan acontecer estes graves sucesos”, coclúe.

Noticia do medio colaborador Que Pasa Na Costa https://www.quepasanacosta.gal/articulo/cee/abandonado-demadrugada-portas-do-hvdx-sendo-positivo/20210124195859124572.html

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...