InicioCulturaA adaptación rusa do Quixote para o Ballet de Moscova, o 6...

A adaptación rusa do Quixote para o Ballet de Moscova, o 6 e 7 de xullo en Vigo

PUBLICADO O

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará en Pontevedra e Vigo a representación do Ballet de Moscova de Don Quixote. Sairán á escena o venres 6 de xullo, ás 21.00 h, na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) e o sábado 7 de xullo, ás 21.00 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As  entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

O Ballet de Moscova presenta unha das obras emblemáticas da historia da danza
teatral, Don Quixote, ballet en tres actos baseado no capítulo XIX do segundo libro de El
ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha.

O argumento céntrase principalmente nos amores de Kitri e o barbeiro Basilio e nas aventuras dos míticos personaxes Don Quixote e Sancho Panza ao redor da nova parella. A música foi composta por Ludwig Minkus e a súa estrea mundial tivo lugar no ano 1869 no Teatro Bolshoi de Moscova a petición dos Teatros Imperiais de Rusia.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...