Home Cultura Susie Hammer, a artista polaca que busca debuxar un sorriso nas meixelas dos vigueses

Susie Hammer, a artista polaca que busca debuxar un sorriso nas meixelas dos vigueses

0
Susie Hammer, a artista polaca que busca debuxar un sorriso nas meixelas dos vigueses
Zuzannam Lotek, Susie Hammer /Miguel Nuñez

Dentro do proxecto municipal de arte urbano “Vigo cidade de cor”, que está a cubrir de fermosura as rúas e paredes viguesas, aparece este traballo da polaca Susie Hammer, que elaborou en só tres días.

Susie Hammer, nada en Polonia, é ilustradora e artista gráfica independente. Actualmente vive e traballa en Madrid, onde estudou Ilustración e Deseño Gráfico.

Graffitera
Susie Hammer /Miguel Nuñez

“Ela traballa en editoriais e proxectos por encargo, así como nas súas propias ideas, fai debuxos e pintura mural, e encántalle a ilustración de libros para nenos. Tamén deu clases de arte na escola primaria así como talleres con crianzas”, subliñan dende a organización do Festival.

Graffity
Vigo cidade de cor /Miguel Nuñez

Susie goza debuxando. En resumo, “a súa intención é conquistar coas súas obras, tanto as adultas como as máis pequenas, para provocar un sorriso. No seu traballo, usa formas simples e cores vivas, a través dos cales quere contar historias”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here