InicioMovementos SociaisO libro e proxecto solidario Elefantes de papel despídese con festivais en...

O libro e proxecto solidario Elefantes de papel despídese con festivais en Vigo e na Guarda

PUBLICADO O

O libro solidario Elefantes de papel remata a súa andaina a través de dous peches de
proxecto que terán lugar o xoves, 28 de xuño ás 20.00h. no centro cultural da Guarda e
o venres, 29 ás 19.30h. no salón de actos da ONCE en Vigo.

En ambos os dous, os autores desta travesía, María Salinas e Berto Pirata, anuncian un
festival cheo de sorpresas con actuacións musicais, obras de teatro, lectura de relatos, proxeccións e moitas anécdotas, e onde, por fin, revelarán o destino dos cartos
recadados nunha aventura que comezou alá por xaneiro e que lles levou a facer 52
presentacións sempre da man da Asociación sen ánimo de lucro Conrazones da Guarda.

Firma de libros/ Elefantes de papel

Con estas despedidas, queren tamén agradecer a todos eses rostros anónimos a súa
participación desinteresada, a implicación e o cariño recibido. Comezan, ao mesmo tempo, unha campaña de recollida de gafas e móbiles que funcionen e que poderán ser entregados os mesmos día nos devanditos lugares.

O XERME DO PROXECTO

Elefantes de papel naceu da inquedanza de dous autores noveis por botar unha man.
Autopublicaron un libro de relatos curtos que empregaron como ferramenta, sobre todo,
para dar visibilidade a pequenas asociacións, colectivos ou ONG´s que fan que a
sociedade funcione mellor.

Abriron unha páxina de Facebook –Elefantes de papel– para darse a coñecer, falaron coa
ONCE para que pasase o libro a Braille, e visitaron centros da terceira idade ou de saúde
mental, implicando aos seus usuarios na dramatización dalgúns dos relatos do libro.

Pasaron por colexios ou institutos, onde organizaron charlas e debates sobre temas sociais, viaxaron ata Madrid e presentaron a obra en diversas institucións, sempre cun discurso de ánimo e compromiso e coa intención de que estas lecturas foran accesibles á maior cantidade de xente.

Agora o proxecto morre, e con el a posibilidade de adquirir o libro, pero anuncian o
inicio doutra aventura da que saberemos máis nas anunciadas despedidas.

 

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...