InicioSociedadeA área viguesa volve sumar sumar máis de 100 contaxios nun só...

A área viguesa volve sumar sumar máis de 100 contaxios nun só día

Con todo, os casos activos descenden a 2.317.

PUBLICADO O

Galicia notificou 501 positivos por coronavirus en 24 horas, o que implica unha alza de case un centenar de casos con respecto aos 409 detectados hai un día. Con todo, os casos activos descenden lixeiramente –9 menos que na xornada anterior– e sitúanse en 9.051.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste mércores na web da Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do martes, e que detallan que o maior número de contaxios produciuse na área sanitaria da Coruña con 122 novos contaxios –59 máis que o día anterior–.

A de Vigo é a segunda área sanitaria que máis positivos rexistrou por PCR nas últimas 24 horas, con 108 –11 máis que o día anterior–. Pola súa banda, na de Pontevedra e O Salnés detectáronse 88 –21 máis–; 69 na de Lugo –14 máis–; 60 na de Santiago e Barbanza –19–, 33 na de Ourense –7 máis– e 21 na de Ferrol –18 menos–.

En canto aos casos activos, soben nas áreas da Coruña ata os 1.879 –44 máis–; na de Lugo, con 1.100 –29 máis–; e na de Pontevedra, con 1.254 –41 máis–. Pola súa banda, descenden na de Ferrol, onde se sitúan en 749 –28 menos–; os mesmos que na de Ourense, que pasa a 749 tras experimentar un descenso de 32. Ademais, tamén baixan na de Santiago, na que hai 1.006 casos activos –30 menos–: e na de Vigo, con 2.317 –30 menos–.

En canto ás probas realizadas, as PCR feitas ascenden a 819.277 desde o inicio da pandemia, o que implica 7.336 máis que o martes. Deste xeito, a porcentaxe de infeccións por proba realizada sitúase no 7,2%.

ALTAS E VÍTIMAS

Pola súa banda, os contaxios desde o inicio da pandemia en Galicia sitúanse en 46.728 e os pacientes curados ascenden a 36.586, o que supón 516 máis que o martes.

Ata a data, as vítimas mortais con coronavirus elévanse a 1.092, despois de que as autoridades sanitarias notificasen seis novos falecementos na xornada do martes.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...