InicioSociedadeVigo sitúase como a área que máis medra tras rexistrar 137 contaxios...

Vigo sitúase como a área que máis medra tras rexistrar 137 contaxios nun só día

O concello vigués mantense en alerta vermella logo de rexistrar dúas novas hospitalizacións.

PUBLICADO O

Galicia detectou outros 525 positivos por Covid-19, deles 137 na área de Vigo, e supera os 7.000 casos activos ao situarse con 7.074, o que supón un incremento de máis de mil desde o venres pasado.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste martes na web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste luns, nas que se constata que esta segunda onda rexistra a cuarta cifra máis elevada da pandemia en Galicia en canto a positivos confirmados por PCR en 24 horas cos 525; tras os 687 do sábado 24 de outubro, os 603 do luns pasado e os 597 do domingo 25. Na primeira, o volume maior corresponde ao 29 de marzo, con 516.

Por áreas sanitarias, en Vigo detectáronse 137 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 86 na da Coruña e Cee; 73 na de Ferrol; 69 na de Ourense; 66 na de Pontevedra e O Salnés; 60 na de Santiago e Barbanza; e 34 na de Lugo.

En canto aos casos activos, que aumentan en todas as áreas sanitarias galegas, soben en 115 na de Vigo ata os 1.358; a de Ferrol suma 58 ata os 546; a de Pontevedra rexistra 727 –44 máis–; a da Coruña conta con 1.201 –outros 34 máis–; a de Ourense sobe en 33 ata os 1.423; e a de Santiago e Barbanza ten 1.128, o que supón seis máis que o luns.

Ata a data na Comunidade galega curáronse 25.804 persoas, o que supón 219 que os rexistrados ata este luns. E leváronse a cabo 646.233 PCR fronte ás 640.621 contabilizadas a xornada anterior.

FALECIDOS

Galicia rexistra ata a data 880 falecidos con Covid-19, tras notificar Sanidade este luns a morte de 12 persoas con coronavirus, o que supón a maior cifra de falecementos comunicados nunha xornada nesta segunda onda da pandemia.

En todo caso, este número de vítimas mortais é o máis alto comunicado nunha mesma xornada desde o pasado 26 de abril, cando Sanidade informou de 15 falecidos. O día con máis mortos en toda a pandemia notificados foi o 3 de abril, con 27.

A primeira morte computada na Comunidade na denominada ‘nova normalidade’ foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

HOSPITALIZADOS

As persoas con Covid-19 ingresadas en hospitais en Galicia seguen en aumento e sitúanse en 459, o que supón 15 máis que este luns, deles 58 en UCI –tres máis–. Así se desprende da información actualizada na páxina web da Consellería de Sanidade na mañá deste martes, con datos recolleitos ata as 18,00 horas deste luns, nos que se constata un aumento de 12 pacientes en unidades de hospitalización convencionais ata os 401.

Na área de Vigo hai 66 pacientes con Covid-19 hospitalizados –dous máis–, dos cales sete permanecen en UCI –sen cambios– e 59 noutras unidades de hospitalización –dúas máis–. Ata o momento curáronse 3.612 persoas e realizáronse 124.615 PCR.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...