InicioSucesosA Policía Local rescata entrando pola ventá a unha ancía que vive...

A Policía Local rescata entrando pola ventá a unha ancía que vive soa e xa non podía moverse

PUBLICADO O

Unha patrulla da Policía Local de Vigo comisionada pola Central de Información e Mando trasladouse a un domicilio da rúa Casal de Arriba onde ao parecer unha persoa de avanzada idade non respondía á chamada dunha cuidadora social.

Unha vez no lugar os actuantes entrevistáronse coa requirente, a cal comunicou que como
todos os días, acode ao domicilio en cuestión para prestar axuda a unha muller anciá que vive soa, pero que esta vez non contestou tras chamar de forma insistente á porta, polo que temeu que lle ocorreu algo.

Os Policías conseguiron acceder ao domicilio a través dunha fiestra, localizando á muller na súa cama, a cal manifestou que non podía moverse, así como que non sabía onde deixara as chaves.

A anciá foi asistida no lugar por facultativos, dado que xa fora requirida unha
ambulancia, sendo trasladada posteriormente ao hospital Álvaro Cunqueiro para unha maior valoración médica. A continuación os axentes puxéronse en contacto cunha familiar, quen se fixo cargo da muller.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...