InicioSucesosSegunda xornada de paro no Cunqueiro con 14 operacións suspendidas

Segunda xornada de paro no Cunqueiro con 14 operacións suspendidas

A Xerencia e a comisión de centro non se poñen de acordo no seguimento.

PUBLICADO O

As consecuencias da folga convocada polas auxiliares de enfermaría do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para rexeitar a obriga de trasladar as bolsas da roupa sucia van en aumento, xa que a falta de persoal obrigou hoxe a suspender máis intervencións cirúrxicas e probas non urxentes que na primeira xornada de paro.

Dende a Xerencia da EOXI e a comisión de centro volveron a diferenciarse desta vez nas súas estimacións, posto que os primeiros cifraron no 41% o seguimento da folga, e os segundos no 75%. 

Con todo, os efectos do paro deixáronse sentir no centro sanitario, até o punto de que a falta de persoal obrigou a suspender 14 operacións e a pechar as Reas 3 e 4. Ademais, suspendéronse todas as endoscopias de mañá e de tarde que non eran urxentes.

Pola súa banda, a comisión de centro salienta o feito de que a incidencia do paro está a ser máis alta que na xornada anterior e valora moi positivamente o amplo seguimento rexistrado entre as traballadoras “por moito que o xerente queira amedrentalas con ameazas de sancións”.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...