InicioSociedadeCaballero "sospeita" que a Xunta quere "aforrar diñeiro" nos novos xulgados

Caballero “sospeita” que a Xunta quere “aforrar diñeiro” nos novos xulgados

"Fágoo só como advertencia. Teño a sospeita de que están a aforrar diñeiro no atraso das obras, e non estou disposto a que suceda", proclamou Caballero.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou este luns a súa “sospeita” de que a Xunta de Galicia pretende “aforrar diñeiro” nas obras da nova Cidade da Xustiza que, denunciou, “están a atrasarse”.

Así o trasladou o rexedor olívico nunha rolda de prensa na que se referiu a a posibilidade de que o novo xulgado do Social da cidade (o número 7) entre en funcionamento no novo edificio, á espera de que estean operativas as novas instalacións do reformado edificio do antigo Hospital Xeral.

Segundo o alcalde, o feito de que se baralle esa localización “débese a que as obras da Cidade da Xustiza están a atrasarse”. “Non quero facer disto unha protesta, pero téñenas que acelerar”, remarcou Abel Caballero, que acusou ao goberno de galego de incumprir “” varios prazos para a posta en marcha das novas dotacións xudiciais.

O primeiro edil vigués deu por feito que o último prazo anunciado, o de finais de 2020, “tamén se vai a incumprir” e subliñou que a Xunta debe “dedicar recursos e acelerar as obras porque se están demorando en exceso”.

“Fágoo só como advertencia. Teño a sospeita de que están a aforrar diñeiro no atraso das obras, e non estou disposto a que suceda”, proclamou Caballero.

En resposta ás críticas do alcalde, a Xunta de Galicia sinalou que mantén o devandito na última visita ás obras da rúa Pizarro, o pasado mes de xuño: “O groso da obra estará acabado a finais de 2020”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...