Multado dúas veces en dúas horas por conducir drogado en Vigo: 2.000 euros e 12 puntos

Gran Vía de Vigo / change.org

Ás 19:00 horas deste luns, axentes da Policía Local de Vigo denunciaron ao condutor dun turismo da marca Audi A4 por conducir con presenza de drogas no organismo. Os feitos tiveron lugar en Jacinto Benavente. Os policías, tras sospeitar que puidese consumir drogas tóxicas, realizáronlle o test indiciario salival, o cal deu un resultado positivo en THC e opiáceos.

Tratábase dun varón de 58 anos de idade, nado en Salvatierra de Miño e domiciliado en Vigo, o cal foi denunciado cunha infracción cualificada de moi grave, polo que chegou unha multa de 1000 euros e retirada de 6 puntos.

Dúas horas máis tarde, sobre as 21:00 horas, outros compoñentes da mesma Policía Local volveron denunciar ao mesmo condutor na rúa Anduriña, polo mesmo motivo. Tras realizarlle o test indiciario salival deu un resultado positivo en THC e opiáceos, polo
que nuevamente impuxeron as sancións de 1000 euros e a retirada de 6 puntos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here