POVISA, medio ano para entregar os resultados dunha analítica

Fachada do Hospital Povisa de Vigo. CEDIDA - Arquivo

Así o denunciou a esta redacción un veciño da comarca de Vigo, paciente do SERGAS, logo dos contínuos retrasos que leva padecendo dende abril deste ano, cando lle foi detectado un tumor pendente de diagnóstico.

Cando acudiu ao seu médico de atención primaria en abril de 2020, en pleno estado de alarma, a primeira consulta urxente derivada a POVISA, (hospital de refencia concertado co SERGAS) foi para mediados de xuño, dous meses despois da consulta nocentro de saúde.

Logo desta primeira consulta có especialista foi citado para unha analítica de sangue e ouriños no mesmo hospital un mes máis tarde, e foi nese momento cando lle deron a cita para acudir a consultar os resultados das analíticas realizadas. A cita é para o 29 de xaneiro de 2021, seis meses despois de realizar as analíticas.

“Es lo que hay”

Este veciño sinala indignación, rabia pola situación, logo de que en todo o proceso case se cumpra un ano dende a primeira consulta ata os resultados das análises. “Pedín explicacións o mesmo día. Que como era posible que tardasen tanto en darme unha cita para os resultados. E a resposta que recibín foi “Es lo que hay. No hay más huecos”.

Imposible contactar con POVISA

Durante a pandemia, e agora nesta fase de nova normalidade, non se pode acceder ao hospital si non é cunha cita previa. O que provocou colas na porta do centro, e malestar entre os pacientes que din non entender a medida.

A solución alternativa é facer as consultas telefónicamente, pero a centralita telefónica de POVISA está colpasada permanentemente. “Estiven unha semana chamando a POVISA, todos os días, a todas horas, porque antes do peche da pandemia tiñan que terme chamado para darme unh cita para consultar os resultados dun TAC, porque naquelas alturas non tiñan aberta a axenda e non me podían da cita. E non houbo maneira de conseguir contactar por teléfono. Cando finalmente puiden presentarme alí, déronme cita para os resultados para dentro de mes e medio” sinala María, paciente oncolóxica. “Aínda que queira facer unha reclamación en atención ao paciente, é imposible contactar con eles. A centralita logo de 4 intentos en espera che di que volvas a chamar pasados uns minutos e volta a empezar. É inadmisible que non haxa vias de comunicación nin co centro ni co teu propio médico especialista e si vas presencialmente non che deixan pasar ao non ter unha cita” engade.

As queixas por esta “nova normalidade” veñen xa dende fai un meses coas colas formadas no hospital e nas consultas externas en Gran Vía, onde os pacientes quéixanse de ter que agardar máis de dúas horas para recoller unha cita.

4 COMENTARIOS

  1. Dou fé. Verdades sobre Povisa que os que estamos polo seguro público SERGAS nos pasa sin acceso ao noso especialista sin cita nin por teléfono. Enfermos como Neurologia con enfermedades sin cura como esclerosis !

  2. Si e unha VERGOÑA, e mais desde o cambio de propietarios,encima cabreanse…despachante con temos o Civid e vostede queisandose,a Xunta onde está para Vixiar Isto

  3. Eu levo dende o 3 de marzo do ano pasado, vai facer un 1,5 meses que estou esperando que me chamen para facer unha resonancia. Neste caso é no Álvaro Cunqueiro. Presentei unha reclamación e sigo esperando a día de hoxe. Se todos fósemos unidos teríamos mellores servizos. A unión fai a forza, mentres pensemos que nos están regalalando algo que financiamos cos nosos impostos non chegaremos a bo porto.

  4. Temos o que merecemos. Por votar xentuza que prefire regalar os nosos impostos ás empresas privadas para que se enriquezan a costa da nosa saúde.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here