InicioDeportesCs ve problemas de seguridade nas pistas de Balaídos, os atletas abandono...

Cs ve problemas de seguridade nas pistas de Balaídos, os atletas abandono e normas abusivas

Ciudadanos solicita unha reforma das pistas de atletismo en consonancia co novo estadio do Celta.

PUBLICADO O

A formación viguesa de Ciudadanos solicitou a reforma dos muros das Pistas de Atletismo de Balaídos, ao considerar que no seu estado actual, “deteriorados e antigos”,  “impiden a visibilidade das pistas e a súa contorna”, ademais de supor un perigo para a seguridade, segundo sinalou Gregorio García, coordinador de Cs Vigo referíndose a este espazo “que permaneceu sen grandes cambios durante máis de 20 anos”.

Este deterioro é especialmente notorio, segundo defenden, na rúa Pablo Iglesias, onde subliñan que ademais sería necesaria “a reforma e ensanche das beirarrúas, xa que corresponden a unha senda escolar do CEIP Balaidos, e consideramos que son manifiestamente insuficientes pola súa estreitez”.

Por iso, desde Cs solicitan unha modernización da contorna de Balaidos, “en consonancia co novo deseño urbano froito da remodelación do Estadio do Celta”.

Proxecto plantexado por Cs / Ciudadanos Vigo

O muro de ladrillo, defenden, “debe ser substituído en determinados puntos debido ao seu desprendemento”, o que advirten como un perigo e un “grave problema de seguridade”.

“É necesario constituír unha contorna urbana máis amable e humana no perímetro das pistas de atletismo, en consonancia ao proxectado nos arredores do estadio de Balaídos” concluíu o coordinador de Cs.

Por outra banda, os/as atletas que utilizan a utilización municipal de Balaídos a diario denuncian o mal estado desta, chegando a atopar nos últimos meses nos seus vestiarios rás, ratas e fungos.

Rata que permaneceu hai uns meses durante días nas instalacións da pista municipal

Ademais, quéixanse dunha férrea normativa municipal que impide utilizar as pesas fóra do ximnasio, empregar o ximnasio en días de competición, ou correr sen camiseta.


 

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...