InicioSociedadePremio honorífico para unha tese defendida na Universidade de Vigo

Premio honorífico para unha tese defendida na Universidade de Vigo

Trátase dun estudo experimental dos factores que inflúen no ángulo de fricción básico das descontinuidades rochosas, un parámetro de especial relevancia á hora de analizar a estabilidade das obras, tanto ao descuberto como subterráneas, executadas en macizos rochosos.

PUBLICADO O

A Sociedade Española de Mecánica de Rocas (SEMR) concedeu unha mención honorífica, no seu premio anual á mellor tese de doutoramento, a unha investigación realizada por Ignacio Pérez Rey, defendida na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, e dirixida polo profesor Leandro Alejano.

Trátase dun estudo experimental dos factores que inflúen no ángulo de fricción básico das descontinuidades rochosas, un parámetro de especial relevancia á hora de analizar a estabilidade das obras, tanto ao descuberto como subterráneas, executadas en macizos rochosos. Este traballo serviu para o desenvolvemento dunha nova metodoloxía de gran utilidade na análise da estabilidade de estruturas xeolóxicas, para o que se utilizou como caso de estudo a coñecida como Pena do Equilibrio, no municipio de Ponteareas.

“Que a tese recibise esta mención é para min un agasallo inesperado do que me alegro moito, porque fixemos un esforzo moi grande para poder realizar traballos comparativos en laboratorios de Portugal, España, Noruega e Turquía”, sinalou o investigador Ignacio Pérez Rey.

A tese podería axudar, por unha banda, a establecer un criterio uniforme na estimación da estabilidade dos noiros, e por outro, contribúe tamén á valoración da estabilidade das estruturas xeolóxicas, como a Pena do Equilibrio. Deste xeito, pode ser aplicado en áreas como, por exemplo, a protección do patrimonio xeolóxico.

Con respecto a ese conxunto xeolóxico de Ponteareas, Ignacio Pérez Rey explicou que a súa elección se debe a que “probablemente represente unha das estruturas máis sorprendentes, desde o punto de vista da estabilidade, para calquera persoa que a observe”.

Este investigador da UVigo incorporouse o pasado ano ao Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX) en Madrid, onde se dedica á área da mecánica de rocas, enfocada en ensaios de laboratorio.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...