InicioSociedadeSantina Giardina-Chard, mestra internacional de ioga: "Se es infeliz, aínda non atopaches...

Santina Giardina-Chard, mestra internacional de ioga: “Se es infeliz, aínda non atopaches o teu propio camiño”

PUBLICADO O

“Se non tivera á miña familia, o Ashtanga e a psicoloxía Gestalt, estaría agora mesmo morta ou no cárcere. Sen dúbida“. Estas son as palabras de Santina Giardina-Chard, experta mundial de Ashtanga Ioga e gran mestra Gestalt.

Ela aboga por un traballo de disciplina diario que nos conecta co noso verdadeiro eu: “Se non estás decidido, nada vai pasar. Necesitas estar totalmente comprometido contigo mesmo, ser devoto do teu propio crecemento e tomar responsabilidades. Pero a maioría da xente non quere tomar responsabilidades sobre a súa vida, prefire que lle digan o que ten que facer“.

Yoga en Caledonia
Santina Giardina /Miguel Nuñez

Seis meses do ano, Santina viaxa por todo o mundo. Nesta ocasión, visitou en Vigo Caledonia Yoga, co obxectivo de impartir conferencias e ofrecer clases maxistrais. Maite Pousada- Curros Buendía é a dona do local: “Eu era xornalista, pero desde os 15 anos estiven practicando ioga, así que o camiño do ioga sempre foi paralelo ao meu camiño como xornalista, e nun momento dado viaxei a Escocia. Aquí enténdese por ioga algo moi estático, que é o que a xente ve nos anuncios de iogures. Pero hai moitos estilos. Un deles é o Ashtanga, que é dinámico. Ao volver, decidín incorporar un centro con estilos dinámicos, entre elllos o Ashtanga ou o aeroioga”.

Así que a pasada semana acudiu Santina ao seu establecemento, como experta internacional de ioga que imparte clases ata a atletas de élite para que melloren tanto física como mentalmente. Ademais, Santina concedeunos a presente entrevista.

Caledonia Yoga
Clase en Caledonia Yoga impartida por Santina Giardina / Miguel Nuñez

P- Están conectados mente e corpo?

R- Empézanse practicando as posturas físicas porque o corpo é a mellor forma de acceder á mente. O ashtanga é unha práctica espiritual, un camiño para abrir a túa conciencia e entender que es máis que esta experiencia neste corpo. Ashtanga significa 8 partes, ten moito que ver co carreiro de Buda, as 8 bienaventuranzas, vén de moi atrás.

Noutros estilos haberá profesores que tamén conseguirán o seu gran obxectivo, este  caracterízase polo compromiso total. Obriga a asumir a túa propia responsabilidade sobre a túa viaxe espiritual. Noutros estilos non tes que practicar, só vas a clases guiadas. Aquí ti fas a túa práctica, tes que estar comprometido cunha práctica persoal.

P- Cal é a motivación para o ioga?

R- O principal obxectivo é limpar os obstáculos no teu corpo, a túa mente e o teu corazón para experimentar altos niveis de coñecemento espiritual. Demasiada comida, demasiado traballo, demasiados medicamentos e drogas, atrápante.

A metodoloxía para chegar alí é moi variada. Se o teu corpo está colapsado, embrutecido, ti xa non podes sentir toda a magnitude do que es, só vives na dor, estás atrapado na dor e crees que algo ou alguén che virá a salvar del, o cal xa te bloquea totalmente.

Yoga en Caledonia
Santina Giardina en Caledonia Yoga/Miguel Nuñez

P- Estás posuído, alienado polo estrés?

R- Ti como neno naces case libre, como un disco duro, hai algúns apegos pero máis ou menos es libre. Pero naciches nunha familia determinada, experimentas eventos no teu corpo e no teu espíritu, e vanse invandindo de ideas e concepcións sobre a vida e sobre quen es.

A comida que comes, a xente coa que estás, as ideas que escoitas, os libros que les, inundan a túa mente. E non te sintes satisfeito. Hai meridianos, canles enerxéticos no corpo, que temos que limpar. Ademais, nesta práctica súase muchísimo, o cal nos desintoxica.

E empezas a experimentar unha perspectiva diferente da realidade, empezas a ser consciente ao fin da ilusión que estabas vivindo. Pero non podes ver iso se o teu corpo está totalmente envenenado. Primeiro hai que limpar o corpo, as canles enerxéticos, a mente, a psique máis profunda.

P- Co nivel de estrés que existe na sociedade occidental actual, o ioga faise máis necesario?

R- A maior nivel nivel de estrés, maior nivel de desconexión. Ti, mirando o móbil a cada momento, sempre rodeado con xente, perdes a túa conexión con Deus, co teu espírito. E logo volves ao ioga e atopas o xeito de alcanzar máis conciencia, unha maior comprensión.

Clase de Yoga en Caledonia
Santina Giardina /Miguel Nuñez

P- Entón o ioga reláxanos, fainos comprender mellor, e tamén nos fai máis felices?

R- Iso depende da profundidade que alcances co ioga. Para experimentar a maior marabilla, o radiante do yoga, tes que ir primeiro ás zonas escuras de ti mesmo, e non moita xente está disposta a iso, a deixalo aflorar. A través da práctica, da limpeza dun mesmo, todo o que non dixerimos emerge.

É moi normal que cando a xente empeza a practicar ioga en serio afloren vellas feridas emocionais, que se estiveron tapando, bloqueando e evitando. Os primeiros dous anos a xente atópase mellor fisícamente, durme mellor, adelgaza, é marabilloso. Pero chega un momento en que dis: isto é moi duro. Chega un momento en que tes que ir ás túas sombras mentais. E sairás máis claro desas sombras, sen apegos, sen querer manipular a ninguén para ser feliz.

P- Faste menos tóxico con quen te rodea?

R-  Si. Deixas de manipular a outras persoas e consegues o teu propio camiño, deixas de ser autodestructivo contigo mesmo e cos demais. Pero para chegar alí tes que visitar as túas sombras e iso non é nada cómodo.

Yoga Caledonia
Clase de ioga de Santina Giardina / Miguel Nuñez

P- E como manipulamos diariamente aos demais? 

R- O teu marido está enfadado, e faite sentir mal. Para arranxalo, fago o que el queira, para aplacalo. Iso é unha manipulación. Doulle o que quere para non ter que enfrontarme a seu enfado.

Día a día comportámonos para cumprir as nosas necesiades, de forma pouco auténtica, pouco clara. Eu como profesora podería deixar de ser genuina para asegurar que me traian de novo, pero estou para ser auténtica, vulnerable e sentir unha profunda conexión con outras persoas. 

P- Comportámonos de determinada maneira para conseguir cousas?

R- Si, en lugar de estar agradecidos para gozar o que xa está aquí para nós. En calquera aspecto da nosa vida. Non pasa tempo sen confundir nin manipular aos demais para cumprir as nosas necesidades. Eu non soporto esas manipulacións. Pero a claridade que teño para detectalas non me sería posible se non traballase no Ashtanga. 

Yoga Caledonia
Santina Giardina nunha postura de ioga / Miguel Nuñez

P- Somos monicreques, ás veces dos demais, ás veces de nós mesmos?

R- Exactamente. Todos nós. Queres facer á túa nai feliz, e fas cousas que che fan infeliz para conseguilo. Tes que ir en contra do que di a sociedade que fagas, e escoitar a túa chamada interior, que é o que ti queres para ti.

P- Pero a miúdo podes pensar que é un pensamento propio e estar inculcado, non?

R- Claro. A nosa cultura, cada liña que liches está impresa en ti. Por iso nalgún momento da túa viaxe espiritual vas ter que apartarte da túa sociedade e da túa familia, e é incómodo, porque vas estar só. E dá medo. Porque estades só ti e mais Deus.

Non tes que atopar a túa voz, tes que escoitala. Sempre estivo alí. Nunca é demasiado tarde. Tes que conseguir o tempo. E é fácil espertarse. O difícil é permanecer esperto. Pola comida, as relacións, a tecnoloxía, por apegos psíquicos dos que non es consciente. Consegues un momento de claridade, e vaise. Outro, xa se foi.

Caledonia Yoga
Santina/ Miguel Nuñez

P- O ioga esixe unha práctica diaria.

R- Cada mañá tes un compromiso, unha cita contigo mesmo, para limpar o que sucedeu onte, fai unha semana, anos atrás.

P- Antes foi crítica coa alimentación. 

R- Toda a comida que tomas, se non está procesada da forma debida, intoxica o teu organismo. Todo é enerxía, todo o que metes no teu corpo afecta ao teu sistema. As graxas transxénicas, o azucre, os químicos… Colápsano, impídente facer certos movementos.

A comida non é para satisfacción, é unha medicina. Se eu comera o que come o meu marido, non podería facer a miña práctica. Pero el é feliz con ela, cada un ten a súa propia elección e o seu camiño.

Eu en cambio necesito para ser feliz realizar a miña práctica, camiñar… se non, acabaría sendo heroinómana. Xa o fun no pasado, e esta práctica salvou a miña vida. Este método non é para todo o mundo, meu marido consegue sen ioga ser unha persoa agradable. Cada un debe atopar o seu propio camiño. Se es infeliz, aínda non o atopaches. 

Caledonia Yoga
Santina Giardina/Miguel Nuñez

P- E que efectos tería o tabaco a nivel enerxético?

R- Impídeche respirar coa capacidade real dos teus pulmóns. E conxestiona os meridianos do teu corpo: impídete ver claramente.

P- Como atopaches o ioga?

R- Cheguei ao ioga pola heroína. Estaba en Australia cos meus pais, e era heroinómana. Os meus pais coidábanme en casa, intentando sacarme dese mundo. Intentárono moitos centros de rehabilitación, pero sempre volvía. Ata que cumprín 28 anos e nunhas vacacións fun a unhas discotecas, ía por unha dose. E o meu actual marido camiñaba en sentido oposto.

Eu paseaba atractiva, con minisaia e top, facendo movementos sensuais porque quería conseguir heroína. E el seguiume porque lle parecín fermosa. Tiña unhas entradas para a discoteca, pero pola súa mirada souben que non contaba coa droga que eu precisaba. Tiña cocaína, marihuana, pero eu era unha ionqui: só quería heroína. Deixeille. 

Pero el seguíame. Collemos o bus de volta e empezamos a fumar marihuana, e foi a primeira vez na miña vida de ionqui que un home me deu droga sen pedirme sexo a cambio. E pensei: isto é moi raro, é un cabaleiro. El chamábame, enviábame diñeiro para que volvese con el, pero o diñeiro eu o metía en vena todo.

Pasou un mes, chamou a casa dos meus pais, pediu falar coa miña nai e solicitoulle unha conta bancaria para enviar máis diñeiro e que fora en avión xunto a el, a onde nos coñecimos. Xa levamos dezaoito anos casados.

Eu fun alí, el nin sequera me dixo que deixase as drogas, só díxo: ven. Entón metinme no Programa de Metadona, terminei Dereito na Universidade, corrín, fixen boxeo… para limpar o meu sistema. E entón… atopei o ioga. Saín da clase cos ollos abertos. Cando o meu marido me viu chegar, preguntoume: volviches ás drogas?

 

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...