InicioEconomíaO aeroporto de Vigo segue perdendo pasaxeiros fronte ao aumento da Coruña...

O aeroporto de Vigo segue perdendo pasaxeiros fronte ao aumento da Coruña e Santiago

En Peinador, a cifra de usuarios diminuíu un 7,6%, ata os 65.825 usuarios.

PUBLICADO O

Os usuarios dos aeroportos galegos aumentaron un 5,81% durante o pasado mes de febreiro, en comparación cun ano antes, ata os 346.458 viaxeiros.

Así o pon de manifesto os datos publicados este venres por Aena, segundo os cales os aeroportos de Santiago e A Coruña experimentaron un crecemento na cifra de viaxeiros no segundo mes do ano, mentres que Vigo sufriu unha diminución. Os aeródromos galegos gañaron, en cifra global, algo máis de 19.000 usuarios.

En concreto, 175.669 persoas pasaron en febreiro polo Aeroporto de Santiago, un 6,3% máis que hai un ano; e 104.964 fixérono polo da Coruña, que experimentou un aumento do 15,4%. No caso de Vigo, a cifra de pasaxeiros diminuíu un 7,6%, ata os 65.825 usuarios.

Do mesmo xeito, o aeroporto da Coruña operou 1.397 voos, un 6,5% máis, e o de Santiago 1.380, un incremento do 1,5%. O aeroporto de Vigo operou 835 voos, un 3,7% menos que hai un ano.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...