InicioSucesosDetido un home que conducía sen carné tras provocar altercados no C.C....

Detido un home que conducía sen carné tras provocar altercados no C.C. Gran Vía e dar 1,02 na proba de alcoholemia

PUBLICADO O

Na madrugada do día deste mércores, sobre as 00:10 horas, Axentes da Policía
Local de Vigo adscritos á sección G.O.A., (Grupo Operativo de Apoio) foron comisionados pola Central de Información e Mando para que se dirixisen ao párking exterior do Centro Comercial Gran Vía, lugar onde ao parecer dous vixiantes do citado centro tiñan retido a un condutor ebrio.

Unha vez no punto, os Axentes entrevistáronse cos vixiantes, e manifestaron que
o individuo que tiñan retido provocara altercados no citado centro durante a tarde do
día anterior, e que esa madrugada recoñeceron a devandito varón con síntomas de atoparse baixo os efectos do alcohol, polo que cando este trataba de incorporarse á circulación co seu vehículo impedíronllo quitándolle as chaves do contacto e manténdoas no seu poder ata a chegada da Policía.

Tras realizarlle a proba preceptiva de determinación do grado de impregnación alcohólica,
esta deu un resultado positivo de 1,02 miligramos de alcohol por litro de aire espirado na primeira proba e 1,00 mg/l de aire espirado na segunda.

Tamén se comprobou que carecía de permiso de conducir por pérdida de vixencia.
O condutor de 44 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo que conducía un vehículo da
marca Volvo modelo S40 foi encartado en dilixencias xudiciais por dous presuntos delitos contra a Seguridade Vial.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...