O mes de xuño comeza en Vigo entre gargalladas gracias a un novo espectáculo de Berto Romero

Cartel do show

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará o novo monólogo do recoñecido cómico Berto Romero, Mucha tontería, no seu Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 3). Ofrecerá tres funcións, o venres 1 de xuño ás 21.00 h, o sábado 2 de xuño ás 20.00 h e o domingo 3 de xuño ás 19.00 h. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Mucha tontería é o novo monólogo do televisivo cómico Berto Romero. O seu título é á vez unha declaración de intencións e unha “precisa descrición do seu traballo sobre os escenarios durante os últimos 20 anos”.

Novas historias, novas cancións e algunha que outra sorpresa nesta cita con Berto no teatro. “Nada máis que un cómico, un guitarrista e toda a bobada necesaria para non parar de rir”, engaden dende a organización.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here