InicioPolíticaMarea de Vigo prepara para este mércores unha moción contra os recortes...

Marea de Vigo prepara para este mércores unha moción contra os recortes en Correos

PUBLICADO O

A recente aprobación dos orzamentos xerais do Estado trouxo para a empresa pública Correos un novo recorte, o cal, “sumado aos 120 millóns de euros que xa se recortaron no pasado exercicio orzamentario do 2017, veñen consagrar un modelo de xestión pública encamiñado ao seu deterioro, o paso previo e imprescindible que sempre se provoca cando aparecen privatizacións e externalizacións”, segundo defende Xosé Lois Jácome, concelleiro de Marea de Vigo.

Dende o grupo político van presentar unha moción este mércores aos presupostos, posto que “o impacto deste deterioro o van sufrir, por unha banda, a veciñanza e as empresas que se atopan en ámbitos non urbanos e zonas rurais, que verán o servizo moi minguado e incluso con supresións do mesmo en moitos casos, e pola outra, como sempre acontece ao falar de servizos públicos, os postos de traballo.”

Desde o ano 2010, engaden, desapareceron 15.000 postos de traballo no ámbito do Estado, 155 na provincia de Pontevedra. E o próximo axuste podería implicar, na provincia de Pontevedra, a supresión de 335 postos de carteiras e carteiros.

Marea de Vigo defenderá o vindeiro mércores o rexeitamento por parte do Pleno do Concello aos recortes orzamentarios no Servizo de Correos, así como a instancia ao Goberno para corrixir un recorte que tería consecuencias “claramente negativas para a cidadanía, para Correos e para os seu cadro de persoal”.

Marea de Vigo apoiará as mobilizacións dos sindicatos de Correos, que xa teñen convocados unha serie de paros que comezarán o vindeiro 7 de xuño cun paro de 2 horas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...