Acampada contra a pobreza: optimismo e espírito retranqueiro fronte as dificultades

Activistas contra a pobreza
David, no asilo de Vigo, carentes de luz e auga e durmindo en tendas/ Miguel Nuñez

Juan Carollo, principal expoñente da Acampada contra a pobreza de Vigo, foi detido o pasado xoves por montar unha tenda de campaña na Praza do Rei, e desacato á autoridade posto que negouse a parar a devandita construción.

Posto que unha semana antes leváranlle unha das suás tendas baixo a adventencia de que non podían ter montadas “máis de sete tendas”, decidira construír unha de maiores dimensións, coas consecuencias xa reflectidas polos medios de comunicación da comarca.

Tamén prohibíronlle pasear cunha tenda ao lombo coma a que pode verse neste vídeo do youtuber e explorador de espazos abandoados Manuel Calavera, que fora subtraída máis tarde.


Así que a súa resposta foi pasear nunha estrutura cadrada coma a da seguinte fotografía, para non perder máis tendas. Cando leva un ano e tres meses nesta situación, aínda conserva o optimismo, a tranquilidade e o enxeño.

 

Acampada
Juan, activista polos dereitos dos sin teito na acampada diante do concello / Miguel Núñez

O conclito parece estancado dende fai moito. Juan e seus compañeiros continúan a agardar ser recibidos polo alcalde, do que acusan de mentir cando asegurou que ninguén en Vigo durme á intemperie e as inclemencias do tempo. Tamén denuncian que, a pesar do investimento que o Concello emprega no albergue de Vigo, ducias de persoas queden fóra deste cada día.

Os vigueses e viguesas, mentres tanto, agardan por unha solución que poida contentar a ámbalas partes, poñendo fin a esta incómoda situación.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here