InicioSociedade3.000 persoas á espera de conseguir un aluguer social

3.000 persoas á espera de conseguir un aluguer social

Entre as razón do aumento da demanda está que os prezos para o alugueiro en Vigo medrou un 11'9% chegar aos 881 euros de media.

PUBLICADO O

Residir nun piso de protección oficial converteuse practicamente nun luxo para unhas poucas familias viguesas afortunadas por mor das grandes listas de espera e do escaso número deste tipo de vivendas na cidade. Na actualidade hai 2.804 vivendas á espera de poder alugar un piso de protección oficial fronte a soamente 328 que o queren mercar, é dicir, pouco máis do 10% do total. Tamén hai un terceiro grupo no que se encadran 689 persoas

No contexto galego, Vigo encabeza a lista de solicitude alugueres sociais  con máis do dobre que a segunda cidade, A Coruña con 1.320. Despois irían Pontevedra (654), Ferrol (472), Santiago (332), Lugo (342) e Ourense (155). Esta tendencia pode verse incrementada se poñemos os datos a nivel provincial, tendo a Pontevedra con máis solicitudes que o resto de Galicia xunta con 4.035 mentres que o resto de provincias suman escasamente 3.674.

O Instituto Galego de Vivenda soamente dispón dun parque público de aluguer de 3.500 vivendas, que están ocupadas na súa totalidade. A única opción de lograr a adxudicación dun destes pisos é que queden algunha vacante ou ben que se aumente a oferta de arrendamento.

Concentración dunha trintena de persoas ante o Concello pedindo unha vivenda digna / Miguel Núñez

Coa crise houbo un gran paro na construción, que tamén afectou a creación de vivenda protexida pero unha vez superada os anos de recesión, esta continúa sen reactivarse. Durante 2017 soamente se construíron 12 en toda Galicia, mentres que o ano pasado unicamente oito.

AXUDAS

Para os demandantes que non puideron acceder a unha vivenda de protección oficial ou a un aluguer social, existe a posibilidade de acceder a axudas, pero estas son moi escasas e as administracións soamente gastaron nelas un 20% do orzamentado. Estas están dirixidas todas as persoas que cumpran uns obxectivos de renda pero preferentemente a reciben as familias numerosas, os maiores de 65 anos e os menores de 35 por considerarse colectivos cunha especial vulnerabilidade.

O problema é que de novo, quedan curtas ante unha elevada demanda. En Galicia hai máis de 12.000 solicitantes, pero a Xunta soamente dispón de orzamento para conceder ao redor de 4.200. Por outra banda, a súa concesión vai con retraso: Soamente se abonou ao redor do 20% dos beneficiarios respecto á partida económica dispoñible.

Todo isto nun contexto onde o prezo do aluguer está en alza. Segundo datos do portal EnAlquiler, no último ano o prezo medio sitúase en 881 euros no mes de xullo, o que supón un incremento do 11’9%. Pola súa banda, o Observatorio da Vivenda da Xunta indica medio pasou en Galicia de 385 euros no 2017 a 400 o pasado ano. A nivel galego o metro cadrado está a 6,6 euros, mentres que fai apenas tres anos, situábase en 5,2.

SOLUCIÓNS

Para a Plataforma de Afectados pola Hipoteca, a cantidade de vivenda de protección oficial “é ridícula con apenas ningunha construída durante o 2018 e os anos previos”. Ademais, considera que ademais da demanda, a política de vivendas de protección oficial debe ser sempre en réxime de aluguer e en ningún caso en compra “porque non vale a pena gastar cartos públicos en facer que unhas poucas familias accedan a ser propietarios”.

Celebración da PAH tras paralizar un desafiuzamento/ Compfight

Ademais, consideran que o modelo actual é o que está errado e o cambiarían pola adquisición dun amplo parque público de vivenda xunto a un control das institucións, tanto Xunta como concellos, dos prezos do aluguer. Ademais, tamén apuntan a un problema estrutural onde “non hai salarios dignos para poder manter un aluguer” como causa da elevada demanda de alugueres sociais.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...