InicioEconomíaContinúa o conflito entre as traballadoras da limpeza despedidas sen previo aviso,...

Continúa o conflito entre as traballadoras da limpeza despedidas sen previo aviso, o Hotel Bahía e Nortempo

As camareiras de pisos, todas con cargas familiares segundo a CNT, viñan de reclamar condicións de traballo máis dignas o ano anterior.

PUBLICADO O

Como xa publicamos anteriormente, o día 7 de maio foron despedidas de forma fulminante as traballadoras da limpeza do Hotel Bahía de Vigo, e esta disputa parece lonxe de solucionarse, xa que nin este espazo hosteleiro nin a nova empresa concesionaria aportaron aínda unha saída para as traballadoras.

A Confederación Nacional do Traballo (CNT) vén de facer un chamamento aos medios de comunicación ao consideralo “un novo episodio de abuso e explotación laboral contra as camareiras de pisos”.

Os feitos comezaron a desenvolverse o pasado domingo 06 de maio, cando o hotel Bahía de Vigo deixaba de renovar o seu contrato con Alliance Outsourcing, concesionaria do servizo de limpeza do hotel, e despedía ao seguinte día, luns 07, fulminantemente e sen previo aviso ás 20 camareiras de pisos que traballaban alí, a maioría dende hai varios anos”.

E aseguran, tanto o sindicato coma as traballadoras, que “tanto o hotel, pechando as portas á subrogación, coma Alliance, imposibilitando calquera recolocación, deixaban na rúa dun plumazo e sen ningún tipo de remordemento a toda a plantilla de limpeza, todas con cargas familiares importantes”.

Hotel Vahia Trabajadoras
Mulleres despedidas do Hotel Bahía/ Miguel Núñez

Ademais, o día seguinte, martes 8 de maio, entraría a nova empresa de limpeza co novo persoal propio, con condicións de traballo inferiores. De feito, “a recén despedida plantilla reclamara o ano anterior condicións laborais máis dignas, denunciando a alta carga de traballo, a contratación en fraude de lei, os salarios miseirentos e a ilegalidade do convenio de Alliance. A batalla gáñase e esta empresa queda obrigada a aplicar o convenio de hostalería, cunha menor carga de traballo e salarios algo máis altos. Esta suba de salarios redunda nunha suba ás cotas que o hotel debe pagar a Alliance polos servizos de limpeza, feito que decanta ao hotel na busca dunha contrata máis barata“, denuncian.

Dende a CNT consideran a César Sánchez-Ballesteros, propietario do hotel e presidente actual da patronal de hostalería pontevedresa, “un empresario sen escrúpulos que explota e despide sen ningún tipo de pudor a 20 traballadoras, 20 camareiras de pisos que durante cinco longos anos deixaban o hotel coma “os chorros do ouro”.

Polo dito, están previstas dúas grandes concentracións principais, a maiores das que diariamente xa protagonizaron nos últimos días estas traballadores fronte ás instalacións do hotel.

Así, este sábado 19 de maio teñen previsto reunirse de 11:30h a 14:00h diante do Hotel Bahía de Vigo (Avda. Cánovas del Castillo, nº 24), para reclamar a subrogación das traballadoras, e o próximo luns 21 de 17:30h a 19:00h diante de Mantelnor-Nortempo (Avda. das Camelias, nº 42), para que fagan efectiva esta subrogación.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...