Detido o presunto autor dunha agresión sexual a unha muller para vingarse dun exmozo dela

Os feitos tiveron lugar a semana pasada despois de que o detido rompese a porta de entrada da vivenda da muller para acceder ao interior.

Coche da Policía Nacional.

Un home residente en Vigo foi identificado e detido por supostamente agredir sexualmente a unha muller para vingarse dun altercado que tivera coa exparella da vítima.

Segundo recolleu a Policía Nacional nun comunicado, os feitos tiveron lugar a semana pasada despois de que o detido rompese a porta de entrada da vivenda da muller para acceder ao interior.

Posteriormente, unha vez no domicilio da vítima, agrediu sexualmente a esta e causoulle varias lesións. Tras atender á muller e recoller a denuncia, axentes da Unidade de Familia e Muller (UFAM) comezaron a investigación. Finalmente, o detido foi posto a disposición xudicial.