InicioSociedadeO TSXG estima a abstención do tribunal que ía xulgar un caso...

O TSXG estima a abstención do tribunal que ía xulgar un caso de introdución de heroína

Determina que a pertinencia de estimar a abstención dos xuíces resulta "indubidable", e engade que, de manterse ese tribunal como encargado do xuízo, habería un "risco" con respecto á "necesaria aparencia de imparcialidade" da Audiencia.

PUBLICADO O

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou xustificadas as abstencións expostas polos maxistrados da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, e que tiñan que xulgar a 12 acusados de formar parte dunha rede que introduciu en Galicia 60 quilos de heroína. Segundo informaron fontes xudiciais, os xuíces presentaron o pasado 19 de xuño os escritos razoados nos que comunicaban a súa abstención neste procedemento.

O alto tribunal galego indicou no seu auto que o número de resolucións previas ao enjuiciamiento ditadas por estes maxistrados supón “unha toma de contacto co material probatorio existente na causa e compromete seriamente a súa imparcialidade”.

Por iso, determina que a pertinencia de estimar a abstención dos xuíces resulta “indubidable”, e engade que, de manterse ese tribunal como encargado do xuízo, habería un “risco” con respecto á “necesaria aparencia de imparcialidade” da Audiencia.

Este xuízo estaba sinalado para a semana do pasado 17 de xuño, pero foi suspendido ao recusar as partes ao tribunal. O ministerio fiscal pediu, para estes doce acusados (entre os que hai un avogado vigués, varios veciños da zona de Arousa e varios cidadáns búlgaros) penas que suman 132 anos de cárcere polos delitos de narcotráfico (contra a saúde pública) e integración en grupo criminal.

Cando se desencadeou a operación policial, ademais das detencións, as forzas de seguridade localizaron case 60 quilos de heroína nunha nave industrial de Caldas de Reis (Pontevedra), que a rede introducira en Galicia a través de contactos búlgaros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...