InicioEconomíaAs traballadoras da limpeza do Hotel Bahía maniféstanse contra o seu despido...

As traballadoras da limpeza do Hotel Bahía maniféstanse contra o seu despido fulminante

Ao día seguinte de ser notificado o seu despido as novas traballadoras, cun convenio inferior, xa as substituíran.

PUBLICADO O

As traballadoras da limpeza do Hotel Bahía de Vigo levan 4 días manifestándose, posto que o día 7 deste mes de maio presentoulles a empresa a carta de despido, “sen ternos dito nada nin a empresa (Aliance) nin o hotel. Entón acudimos á CXT (Conferencia Xeral de Traballadores) para ver como podíamos mobilizarnos, e o sindicato falou con ambas partes pero sen alcanzar un acordo”, declara Maribel Alonso, unha das traballadoras afectadas.

As  traballadoras esixen que as readmitan ou que cando menos as coloquen noutro posto de traballo, ata agora a única proposta foi en Oporto, a 140 quilómetros, o cal rexeitan: “Ata o venres manifestarémonos no hotel, o luns en Camelias” (onde está ubicada a sede de Nortempo, a nova empresa concesionaria).

Hotel Vahia dono
Un sindicalista fala con César Sánchez, dono do Hotel Bahía/ Miguel Núñez

Non podes mandar 15 persoas á rúa sen antelación ningunha, moitas nais con fillos que queremos sacar adiante, e de súpeto vémonos fóra”, denuncia Maribel. Falaron hoxe co director do Hotel Bahía, César Sánchez Ballesteros, e “díxinos que estaba moi contento co noso traballo, pero se a nova empresa, Nortempo, non nos collía, non era o seu problema, non están poñendo do seu lado”, lamenta Maribel.

“Chega Nortempo e di que non contrata a ningunha. Así que estamos en pé de guerra por un posto de traballo, algunhas traballadoras, xa con 50 anos, non atopan un emprego con facilidade, poden non telo en moito tempo, e levábamos entre un e cinco anos aquí”, denuncia.

Concentración á porta do Hotel / Miguel Núñez

Esta traballadora engade tamén que “Aliance, que ao comezo pagábanos moi mal cun convenio desactualizado e acadáramos un convenio dentro da legalidade, pediu unha subida ao hotel, e entón este decidiu cambiar por Nortempo, e todos desentendéronse de nós. Ao día seguinte de amosarnos a carta de despido, xa estaban en activo as novas traballadoras, cun convenio inferior”.

Hotel
Paula Quinteiro, diputada de Podemos no Parlamento de Galicia / Miguel Núñez

Así que esixen ser restituídas nalgún emprego, xa sexa no mesmo hotel ou na limpeza doutro establecemento, e remarca Maribel que “se, como din dende o hotel, estaban tan a gusto con nós, igual o que deberían de facer é mirar as posibilidades que hai”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...