InicioSociedadeO reitor de Vigo trata con Lores novos espazos para as novas...

O reitor de Vigo trata con Lores novos espazos para as novas titulacións no campus de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este xoves ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa. No encontro, abordaron a necesidade de novos espazos ante a intención do Reitorado de solicitar novos graos para o campus local.

PUBLICADO O

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este xoves ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa. No encontro, abordaron a necesidade de novos espazos ante a intención do Reitorado de solicitar novos graos para o campus local.

Así, analizaron as posibilidades de edificación dos terreos que a universidade ten na cidade. Durante a reunión Manuel Reigosa confirmou ao alcalde a aposta do Reitorado polo novo grao de Deseño e creación, así como polo desenvolvemento do Green Campus (o de Pontevedra é o único do Estado) para o que a Universidade solicitou a colaboración do Concello que poderá participar en decisións como minorar o ruído do tráfico na avenida de Compostela.

Así mesmo, demandou unha mellor sinalización do campus así como a posibilidade de abrilo ao río Lérez, empregando a canle da Illa do Cobo para instalar un pantalán que poida empregarse para os deportes náuticos.

Na súa primeira reunión co reitor da Universidade de Vigo, a concelleira Gloria Branco asegurou que o encontro foi “moi produtivo” e confirmou que este primeiro contacto continuará nos próximos meses con máis reunións bilaterais.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...