InicioVigo e contornaVigoExecutan labores de limpeza nos regatos de Chans e Rial

Executan labores de limpeza nos regatos de Chans e Rial

Rozarase o tramo inferior máis próximo á rúa Senra e retiraranse dúas árbores caídas na zona pola que discorre o río.

PUBLICADO O

 A Xunta executa labores de limpeza e conservación nos regatos de Chans e Rial, ao seu paso polas parroquias viguesas de Bembrive e San Andrés de Comesaña.
Tal e como trasladou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nun comunicado, actuarase entre o tramo interurbano do regato de Chans, que comprende a zona situada entre a rúa homónima e a de Senra.
Deste xeito, rozarase o tramo inferior máis próximo á rúa Senra e retiraranse dúas árbores caídas na zona pola que discorre o río. Ademais, actuarase sobre o regato Rial no lugar do mesmo nome. En concreto, retiraranse dúas árbores caídas e outro seco por un perigo de caída ao río.
Así, búscase facilitar a circulación dos regatos mediante o programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico da zona sur da comunidade que desenvolve Augas de Galicia.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...