InicioSociedadeOs hospitais vigueses aprazan 32 operacións cirúrxicas

Os hospitais vigueses aprazan 32 operacións cirúrxicas

CC.00 denuncia que as listas de espera xa son as maiores de Galicia.

PUBLICADO O

A aparición dunhas partículas brancas nos colectores metálicos que transportan o material esterilizado obrigou ao Sergas a suspender varias intervencións cirúrxicas en Vigo (que serán reprogramadas) para garantir a seguridade dos pacientes, e manter só as operacións urxentes.

Así o confirmaron este xoves fontes de Sanidade, após a denuncia realizada polo sindicato CC.OO., que criticou a suspensión de “numerosas intervencións cirúrxicas” nos hospitais de Vigo por “problemas co material de esterilización”.

O Sergas admitiu “incidencias” no esterilizado dos colectores do instrumental cirúrxico da Central de Esterilización, e sinalou que a EOXI de Vigo “xa adoptou medidas para minimizar o impacto”.

Segundo sinalaron fontes de Sanidade, detectáronse unhas partículas brancas (que se están analizando) nos colectores de aluminio nos que se transporta o material esterilizado. Por iso, como medida preventiva e “facendo prevalecer o principio de máxima seguridade para os pacientes”, decidiuse “priorizar toda a actividade cirúrxica urxente e aprazar algunhas intervencións programadas, mentres non se liquiden estas incidencias“.

As mesmas fontes informaron do adiamento de 7 intervencións “non urxentes” previstas para este mércores, e outras 25 (das 103 programadas) previstas para este xoves. Todas elas “serán reprogramadas para os próximos días”.

A Federación de Sanidade de CC.OO. denunciou que “non é admisible” unha situación “que se vén repetindo con máis frecuencia da desexada”, e lembrou que este tipo de problemas “non axudan” a diminuír unhas listas de espera que son “as maiores de Galicia”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...