InicioCulturaO espazo artístico vigués Halcón Milenario morre matando cunha exposición retrospectiva final

O espazo artístico vigués Halcón Milenario morre matando cunha exposición retrospectiva final

8 anos de arte gráfica no centro de Vigo que chegan á súa fin.

PUBLICADO O

Mentres proliferan corporacións internacionais con millóns de euros en beneficios, pequenas iniciativas artísticas e sociais loitan por sobrevivir en entorno hostil ata que, ás veces, non lles queda outro fin que a morte.

Halcón Milenario/ Miguel Núñez

Desde Xornal de Vigo falamos co ilustrador Federico Fernández, “Fredy” para os amigos e coñecidos, e de como o seu Halcón Milenario (Rúa Cervantes, 18) comezou de maneira casual, cunha exposición que levaba por nome”10 jóvenes valores”, e cuxo éxito social e mediático levou a continuar unha aventura chea de paixón e cor, durante 8 anos que rematan agora.

Halcón Milenario/ Miguel Núñez

“Dá mágoa, pero como con calquera ruptura toca mirar hacia diante”, recomenda Fredy, coa ledicia de ter aportado o seu gran de area á cultura viguesa. As portas do Halcón Milenario pecharán por sempre o día 13 de abril (sábado pola mañá), cunha sesión vermú.

Halcón Milenario/ Miguel Núñez

Todo remata da mellor maneira posible, cunha retrospectiva das obras que Federico Fernández foi levando a cabo durante estes longos anos de traballo. Estas ilustracións estiveran presentes en espazos artísticos de Bolonia, Frankfurt ou Pontevedra, pero nunca as expuxera de maneira conxunta.

Halcón Milenario/ Miguel Núñez

O espazo foi derrotado polo sector financieiro: está embargado por un banco. Cae por pura lóxica mercantil.

Halcón Milenario/ Miguel Núñez

“Foi o meu estudo, pero sobretodo foi un espazo expositivo con 4 ou 5 exposicións anuais, levadas adiante con esforzo extra, sen pensar no económico”, lembra Fredy.

Fredy,no Halcón Milenario/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...