FVCK, siglas de Fotografía Viguesa Contemporánea, é unha nova iniciativa artística que naceu en Vigo da man de Puri Díaz e Cristina Brea, coa intención de “crear debate e dar visibilidade a todos os que usen a fotografía para expresarse“. Numerosas charlas sucederanse durante todo o ano na sala Apóstrofe, a primeira estivo a cargo do fotógrafo Alejandro Novoa e neste mes tocou o turno do fotógrafo Oriol Miñarro, que protagonizou unha nova charla sobre a arte gráfica.
Esta é unha forte aposta polo fotografía na nosa cidade, con encontros cada mes na Sala Apóstrophe (Plaza Francisco Fernández del Riego; 0).
Oriol naceu en 1974 e leva en contacto coa fotografía en 2008 e aprendendo de forma autodidacta as máis das veces. Recoñece afinidade por autores como Anders Petersen ou Julián Barón.