Rivera tómase un café en Vigo e pide un goberno “onde os nacionalistas non pinten nada, e manden os españois”

Ademais, Albert Rivera quere converter a Ciudadanos no "primeiro partido liberal de Europa".

Rivera, na súa visita a Vigo/ Miguel Núñez

Albert Rivera, líder indiscutible de Ciudadanos, visitou a cidade olívica para ofrecer unha rolda de prensa no Porto de Vigo e rematou tomando un café. Entre uns intres e outros, deixou en varias frases a súa visión e obxectivos para o goberno de España.

“Bótase en falta o diálogo, a capacidade de escoita”, subliñou ante os medios de comunicación referíndose á clase política local e tamén a estatal.

Incluso subliñou a súa intención de que o seu partido remate por consolidarse como “o primeiro partido liberal de Europa”, e acusou a partidos nacionalistas como o PNV de chantaxear ás institucións.

Seguindo esta liña de pensamento, desexou “un goberno onde os nacionalistas non pinten nada, onde manden os españois. Non queremos a Torra gobernando España, non queremos a Podemos dirixindo a política económica”.

Rivera toma un café en Vigo/ Miguel Núñez

Tamén ‘eloxiou’ a Galicia polo seu “respecto a España e a constitucións”, e lamentou a ‘invisibilización’ do pobo galego no contexto do Estado, por detrás de comunidades como Cataluña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here