Caballero eloxia a Vigo: “A Reconquista marcou o carácter desta cidade, de lealdade, de camiñar xuntos”

Queda unha semana para a gran celebración e representación da Reconquista.

A unha semana da reconquista de Vigo/ Miguel Núñez

Unha semana antes da gran celebración da Reconquista en Vigo, a cidade olívica representou unha vez máis a destitución do alcalde afrancesado, con Abel Caballero e Carmela Silva vestidos de época para a ocasión. E Caballero deixou unhas emotivas palabras.

“A Reconquista de Vigo, a primeira vez que os exércitos de Napoleón foron derrotados en Europa, marcou o carácter desta cidade. E marcouno para sempre. Marcou o carácter de lealdade, de liberdade, de ir xuntos, de camiñar xuntos e de facer a Reconquista xuntas e xuntos”, destacou.

“Recuperando estes valores, e facendo deles a vertebración de toda a nosa festa da Reconquista, retomamos o Vigo de antes, o Vigo de ahora, e construiremos con estes valores o Vigo do futuro”, engadiu.

Porque, 25 anos atrás, “un grupo de viguesas e vigueses quixeron facer desta festa unha forma de recuperar a historia, esa historia que tantas veces se nos intentaba negar a Vigo, o que somos, a onde queremos ir, a nosa capacidade. E o hoxe aquí, vestidos de época, de milicias populares, de mulleres do século XIX, dos alcaldes que van retomar a función dos bravos guerreiros, dos loitadores”.

2 COMENTARIOS

  1. O comentario que non aparece publicado é sobre o tranvía de xoguete que o alcalde ten pensado instalar la praza de América https://flic.kr/p/SBYs9E
    Vigo semella estarse a converter nun parque temático ao gusto do seus alcalde, sen que ninguén teña opción de propoñer nada nin criticar nada !

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here