InicioCulturaTail Dragger converte a centos de vigueses á relixión do mellor blues

Tail Dragger converte a centos de vigueses á relixión do mellor blues

A sala Rouge está a desfrutar dun longo ciclo de blues que trae de novo a música de raíz á cidade olívica.

PUBLICADO O

“Mr Tail Dragger é hisoria viva do Blues, incluso o seu apodo foi posto polo grandioso Howlin Wolf”, subliñan desde River Bucks Asociación Cultural, benditos culpables da súa chegada a Vigo, e o demostrou xa desde os primeiros minutos do concerto que ofreceu esta fin de semana na sala Rouge.

De avanzada idade, Dragger precisaba tomar folgos e sentarse na cadeira de cando en vez, pero grazas a algún pacto do diablo foi quen de ofrecer un recital cheo de enerxía durante dúas longas e movidas horas que non deixou a ninguén indiferente.

 
“Pertence á extensa canteira de bluesmen xurdidos en Texas e creceu musicalmente baixo a influencia de bluesmen clásicos como Sonny Boy Williamson ou Boyd Gilmore. O directo de Dragger segue atraíndo a públicos de todo o mundo, inmersos nesa mescolanza de fascinación, historia e realidade”; destacan os organizadores deste ciclo de blues que está traendo a Vigo a algúns dos seus máis grandes referentes no mundo.

“É nos seus concertos onde rebrota toda a sua maxia e o seu sentido de humor, nunha continua interacción co público de inicio a fin”, salientan.

 
Foi un dos 3 únicos concertos que dará en España, onde ademáis estivo acompañado por Adrían Flores (Brasil) na batería, Nico Fami (Argentina) na guitarra e Adrian Jimenez (Argentina) na harmónica, tres músicos que coñecen a perfección a sua música e que dende anos xiran xuntos con Tail Dragger nos seus tours por Sudamérica.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...