InicioSociedadeRexeitan o "contrato lixo" do Sergas e acusan a Xunta de mandar...

Rexeitan o “contrato lixo” do Sergas e acusan a Xunta de mandar aos médicos galegos ao exilio

O colectivo PAC´s en pe de guerra foi unha vez máis crítico coa xestión da Xunta

PUBLICADO O

O colectivo PACs en Pé de Guerra de Vigo vén de amosar a súa solidariedade con Precarias pola Atención Primaria, que onte expuxeron en rolda de prensa “o seu rexeitamento ao contrato lixo do Sergas e á oferta de emprego trampa en Portugal”, subliñan os traballadores dos Puntos de Atención Continuada.

“O noso colectivo coincide en que este contrato non vai solucionar o problema de persoal e, incluso, pódese agravar debido ao rexeite masivo entre o colectivo de eventuais e residentes de último ano. Moitos/as destes/as pensan en buscar alternativas fóra do noso país cara a outros lugares do Estado ou de Europa como alternativa profesional, buscando non só estabilidade laboral senón tamén calidade asistencial e o recoñecemento profesional como médicos/as especialistas de mediciña de familia e comunitariado do que carecen por parte do Sergas”, lamentan os traballadores.

“De seguir a fuxida de profesionais, a situación que vimos denunciando na prensa dende fai meses, e que case se converteu nunha constante, vai empeorar”, advirten os traballadores: “PACs en Pé de Guerra de Vigo insta a Administración a escoitar dunha vez por todas ás profesionais, convocar as oposicións necesarias para recuperar as profesionais perdidas os últimos anos nas distintas categorías, desbloquear a situación de precariedade que sufrimos en Atención Primaria con persoal e recursos para poder realizar o noso traballo coa calidade asistencial necesaria… E aumentar o orzamento da atención primaria, que na nosa área sanitaria é a mais baixa de Galiza xa que se precisan recursos para os servizos sanitarios que resolven mais do 90% dos problemas de saúde da poboación”.

Por último, os PAC amosaron unha vez máis o seu total apoio aos nosos xefes/as de servizo dimisionarios/as: “Sumámonos ao apoio da folga na atención primaria que se convoca para os dias 9, 10 e 11 de abril. A supervivencia da atención primaria pasa por unirnos todos os colectivo`s de atención primaria, xa que, a precariedade laboral e asistencial que vivimos ordinaria, PACs e Precarias son consecuencia das políticas de recortes e desmantelamento da sanidade da que é culpábel a Xunta. A política da imposición e de facer máis con menos resultou ser unha mala política con consecuencias nefastas na poboación”.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

Tres detidos en Vigo por presunta vinculación cun atraco bancario

Polo menos tres persoas foron detidas na mañá deste martes en Vigo pola súa...