InicioSociedadeSindicatos acusan a Povisa de "boicotear a folga das mulleres"

Sindicatos acusan a Povisa de “boicotear a folga das mulleres”

Desde a CIG acusan ao hospital privado de darlle as costas ao movemento feminista.

PUBLICADO O

A poucas horas de que dea comezo a folga de mulleres de 24 horas convocada con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o hospital Povisa de Vigo aínda non fixo públicos os servizos mínimos que rexerán durante a xornada.

Dende a CIG denuncian que “se trata dun claro intento da dirección de boicotear o paro”, polo que lle trasladaron o caso á Inspección de Traballo para que se garanta un dereito fundamental como o de folga.

“A dirección de Povisa segue sen comunicar os servizos mínimos a pesar das solicitudes cursadas onte pola sección sindical da CIG e hoxe mesmo pola coalición CGT-SGPS, polo que as tres organizacións decidiron presentar unha denuncia diante da Inspección de Traballo. Finalmente fíxoo na propia Xunta, unha vez que a autoridade laboral se atopa pechada pola tarde”, salientan desde o sindicato.

Dende a sección sindical da CIG de Povisa censuran que esta actitude da empresa constitúe “un claro intento de boicotear o paro de mulleres de 24 horas”, polo que reclaman que a Inspección de Traballo tome cartas no asunto para evitar a vulneración dun dereito fundamental como o de folga.

Ao mesmo tempo, critican que dende o departamento de Recursos Humanos do centro médico vigués “se lles negase a posibilidade de manter unha xuntanza” para abordar a situación. “Solicitamos unha reunión co director e o único que nos dixeron foi que non podía atendernos”, sinalan.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...