A media maratón de Vigo, que se celebrará o 7 de xullo, abre o período de inscripción

Tamén pode realizarse por relevos, ou escoller a carreira de 10 km, para os menos fondeiros.

Final da proba de 2017/ La 21

A media maratón de Vigo, ‘La 21’, xa ten data de saída: será o 7 de xullo ás 9:21 desde a praia do Vao. Ademais do cambio de data, a proba trae novidades respecto a anteriores edicións.

O cambio máis importante é a modificación do percorrido que se muda a avenidas máis anchas e agradables de percorrer, con moitos quilómetros seguindo a liña de costa. O punto de saída estará situado no Vao e a meta na Alameda, polo que se trata dun único itinerario lineal (non circular) que só haberá que percorrer unha vez para completar os 21 km.

Haberá avituallamentos durante o percorrido e ao final do mesmo, ademais de moitas sorpresas para todos os participantes. Outra das novidades será a variedade de opcións de participación, ofrecendo alternativas para corredores expertos e afeccionados.

Así, ademais dos 21 km que corresponden ao media maratón, poderá optarse por percorrer só 10 km ou por realizar os 21 por substitucións, en equipos de dous ou catro corredores. Os interesados poderán inscribirse a través do sitio web www.laptime.es, ou de forma presencial en Deportes Athletics (Avd. Balaidos 2) ou en Bikila Vigo (Avd. Castrelos 190). Desde hoxe e ata o 21 de abril a cota será de 15€. A partir desa data, incrementarase en 5 euros.

A inscrición inclúe camiseta, dorsal e medalla finisher para aqueles capaces de acabar o media maratón dentro das 2 h e 16 minutos establecidas como tempo máximo. Podedes seguir todas as novidades da proba, que por primeira vez organiza Diessem coa colaboración de Sinerxias 360, a través das redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here