InicioCulturaRubén Ventoso, unha vida nos escenarios: "A danza é emocións, sentimentos, non...

Rubén Ventoso, unha vida nos escenarios: “A danza é emocións, sentimentos, non se pode quedar no virtuosismo”

Os alumnos e alumnas de Rubén Ventoso no conservatorio Coppelia de Vigo veñen de participar no ballet El Cascanueces do Ballet Imperial Ruso.

PUBLICADO O

O alumnado do conservatorio Coppelia participou o pasado venres na representación de “El Cascanueces” a cargo do Ballet Imperial Ruso no Teatro Afundación de Vigo. Falamos co seu mestre, Rubén Ventoso, do éxito dos seus pequenos e tamén do arte da danza, e acompañamos esta entrevista con fotografías exclusivas deste gran evento.

El asegura que todo saíu “moi ben, foi un día completo e moi enriquecedor, para eles sobre todo, saíron ao paso estupendamente, canalizando a enerxía, as bolboretas no estómago“, celebra.

Ao comezo había algo de temor a non recordar todos os pases, pero o superaron sen problemas a pesar da súa xuventude. É un grupo de 32 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

“Onde había máis incerteza era nos máis pequenos, porque nunca sabes como van a reaccionar. A esas idades xestionan distinto a presión. Pero o fixeron moi ben, súper ilusionados con estar dentro daquel conto de fantasía”, celebra Ventoso. A resposta do público foi moi boa: “Arrincou a aplaudir todo o teatro”.

“Dividíronse en varios grupos, un interpretou a noite de Noiteboa, outros participaron na loita contra o rei dos ratóns, e aparecían entre o público asustando á xente, tamén apareceu unha pequena ratiña de 6 anos. Despois farían tamén de anxos, e por último de ananos, cunha danza xa máis viva e animada”, recorda o mestre.

Rubén coas súas alumnas/ Miguel Núñez

“El Cascanueces’ é un dos ballets clásicos máis recoñecidos, non o único, pero aquí a Vigo sempre chegan ou ‘El Cascanueces’ ou ‘El Lago de los Cisnes’. Quizais ‘El Cascanueces’ sexa máis coñecido por adaptarse moi ben aos nenos, o cal crea cercanía co público. Pero hai moitísimas máis obras clásicas, e cada unha é diferente. ‘El Cascanueces’ proxecta moi ben a ilusión ao público, e ademais a participación de nenos o enriquece moitísimo. ‘El lago de los cisnes’, en cambio, está máis enfocado á perda dun amor”, compara.

Agora comeza para todos a preparación dunha nova actuación, xa marcada no calendario:  25 de xuño. Contan cun pouco máis de tempo para traballar que o mes e medio co que contaron desta vez. Pero non todo o seu adestramento estará adicado á nova obra, aclara Rubén: “Teñen tamén traballos de elasticidade, práctica das técnicas clásicas, novas coreografías…”

Ventoso entende a danza como un arte complexo, que só se domina con anos de adestramento: “Hai que proxectar tenrura, ademais da técnica. A danza son emocións, sentimentos, non se pode quedar no virtuosismo, debe tocarte a fibra, lograr momentos que deixen o pelo erizado, que se queden na retina”.

Desde hai 5 anos está retirado da súa vida de bailarín profesional: “É unha carreira que ten unha duración determinada,todo depende do que aguanten o corpo e a cabeza. O teu corpo é o instrumento de traballo, tes que entregarte e ás veces ata emigrar. Eu dediqueille moitos anos da miña vida, iso si: sempre foi precioso”.

Os bailaríns son deportistas ou artistas? Ventoso os ve “como un ‘deportista plus’. Un bailarín ten que ser deportista porque a nivel físico ten que estar a tope. Pero se solamente é deportista non chega a bailarín, non transmite, quédase nun simple executor. Non es como un atleta que corre e salta o máis lonxe posible, e xa é iso, tes que dicir algo co teu movemento. Debes ser moi constante co adestramento, con clases todos os días, incluso para non lesionarte”.

“Non ten nada que ver a vida como profesional e como profesor. Podes ser un gran bailarín e un pésimo docente”, reflexiona: “Todo o aprendido na túa carreira te aporta como mestre, pero a paciencia é moi imporante, e facer uso da psicoloxía e comprendelos. Desde pequenos tes que comezar a moldear os seus corpos, que son máis adaptables a curta idade”.

Ventoso atopa moitas virtudes nesta arte: “É unha disciplina na que aprenden a concentrarse, e valores que máis tarde poden proxectar na súa vida, no colexio, en todo, como saber sacrificarte. Hai beneficios a moitos niveis, tanto de sociabilidade, como compañeirismo, saúde mental e física, persoas introvertidas que ao bailar van superando estas dificultades… En canto aos nenos, cada vez está máis normalizado e hai menos tabúes, nós temos tres mozos no grupo”.

“A nivel cognitivo, o baile é tamén moi interesante, e como todas as ensinanzas artísticas axuda a despertar a nosa parte sensible, aflorar sentimentos que temos soterrados...”, engade.

Ventoso tamén nos contou a súa traxectoria antes de chegar á ensinanza: “Estiven 14 anos vivindo como bailarín profesional. Tras comezar a bailar con 9 anos, marchei de Vigo con 18 para estudar no Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid. Despois de ser seleccionado pola compañía Europa dance de Francia comecei a traballar profesionalmente en diferentes compañías, como a compañía nacional de danza 2, a de bailado contemporáneo de Lisboa, Ballet Víctor Ullate, Introdans… e xa desde ese punto fun traballando ata os 34, cando regresei a Vigo”.

“Fixen ballet e danza neoclásica. Hoxe en día un bailarín ten que ser moi versátil, non podes centrarte só no clásico senón ter contacto con moitos tipos de movemento para facerte máis completo. Hoxe en día os diferentes estilos de danza retroaliméntanse entre eles, son máis mixtos, e vense pasos de distintos estilos nunha mesma peza, a non ser que se trate dunha compañía moi tradicional”, reflexiona.

Sobre a atención do público, é optimista: “Programas de TV achegaron un pouco máis a danza ao público, hai moitísima afición, pero non se concreta en axudas para que as compañías salgan a flote, hai moi poucas e as novas que se crean pasan por moitos problemas”.

“Gustaríame reflectir que hoxe en día o temos todo xa, no momento, tamén os nenos, e na danza non é así. O difícil é que hai que lograr unha meta, e despois outra, e outra, para chegar a facer algo. Hai que ter un nivel de compromiso. E iso foi o que ocorreu cos nenos e nenas do conservatorio, que se comprometeron e loitaron por elo”, conclúe.

 

ÚLTIMAS

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

Os 15 pediatras que obtiveron praza por concurso de méritos na área de Vigo teñen ata o 18 de abril para incorporarse

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente dúas resolucións que adxudicaron a 70...

Un milleiro de bailaríns, inscritos xa na XII edición de Vigo Porté, que traerá danza e música ás rúas da cidade a finais de...

Un milleiro de bailaríns inscribíronse xa na XII edición de Vigo Portei, desde que...

Constitúese a plataforma “Vigo verde -Salvemos a Barrorca” para rexeitar a talla da Carballeira de Casaliños en Navia

"Este mesmo domingo 17 de marzo, a plataforma "Vigo verde -Salvemos a Barrorca" organiza...