Os alumnos de Coppelia, preparados para debutar con bailaríns profesionais no ballet El Cascanueces

32 pequenos grandes bailaríns actuarán o venres 1 de febreiro no Teatro Afundación de Abanca.

Rubén coas súas alumnas/ Miguel Núñez

Coppelia (Pi i Margall, 61) é un conservatorio de música e danza ubicado no centro da nosa cidade. Algúns dos seus alumnos tardarán un pouquiño máis en durmir estes días, posto que o venres 1 de febreiro teñen unha gran cita.

Alumnas do conservatorio Coppelia/ Miguel Núñez

Así, participarán ás oito e media na representación de “El Cascanueces” do Ballet Imperial Ruso, ante un Teatro Afundación cheo. Un gran orgullo para elas e tamén para o seu profesor, o bailarín Rubén Ventoso.

Alumnas do conservatorio Coppelia/ Miguel Núñez

O bailarín e coreógrafo vigués Rubén Ventoso é o encargado de formar e dirixir a este gran equipo.

Rubén Ventoso/ Miguel Núñez

Son en total 32 nenos e nenas de entre seis e catorce anos. Intentarán superar os nervios pese á súa xuventude, e de seguro que o conseguirán.

Alumnas do conservatorio Coppelia/ Miguel Núñez

Desde o día 1, compartirán ensaios e actuación con bailaríns profesionais. Ábrese para eles a porta deste fermoso pero sacrificado mundo.

Alumnas do conservatorio Coppelia/ Miguel Núñez

O conservatorio Coppelia ofrece ensinanza oficial e non oficial desde os tres anos, en disciplinas tan variadas como o piano, canto, guitarra, gaita…

Alumnas do conservatorio Coppelia/ Miguel Núñez

Pero, durante estes días, elas serán as grandes protagonistas.

Alumnas do conservatorio Coppelia/ Miguel Núñez

‘El Cascanueces’, ballet en dous actos, foi estrenado o 17 de decembro de 1892 en San Petesburgo. A música, do lendario Tchaikovsky.

Alumnos do conservatorio Coppelia/ Miguel Núñez

A historia está baseada nun libro de contos de Ernst Theodor Amadeus Hoffman, ou máis ben nunha adaptación deste realizada por Alejandro Dumas.

Alumnas do conservatorio Coppelia/ Miguel Núñez

Retornando ao alumnado do conservatorio Coppelia, co seu esforzo e talento buscan estar á altura de tan mítica obra, un dous ballets máis afamados da historia.

Alumnos do conservatorio Coppelia/ Miguel Núñez

Teñen un dos mellores mestres posibles: Ventoso traballou coa Compañía Nacional de Danza 2, baixo a dirección de Nacho Duato, así como no ballet Víctor Ullate.

Rubén coas súas alumnas/ Miguel Núñez

Agora, xa non queda nada para a gran cita.

Alumnos do conservatorio Coppelia/ Miguel Núñez

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here