O Concello de Mos organiza un cruceiro de Vigo a Suecia, pasando por Reino Unido, Francia e Inglaterra

0s prezos, en torno a 1.200 euros.

Botadura do cruceiro de Ritz-Carlton Yacht Collection/ Miguel Núñez

Dende a concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que se atopa aberto o prazo de inscrición nun cruceiro pola Costa Atlántica e Mar do Norte.

Levarase a cabo do 27 de abril ao 4 de maio con paradas en Porland Dorse (Reino Unido), Cherbourg (Francia), Dover (Inglaterra), Ijmuiden (Amsterdam), e Malmo (Suecia).

O prezo inclúe traslado dende o Concello ao Porto de Vigo, 8 días / 7 noites de cruceiro no Buque Zenith da compañía Pullmantur, réxime de todo incluído, excursións a Cherbourg, Dover, Porland e Amsterdam, voo de Malmo a Vigo, traslado dende o porto ao aeroporto, taxas de porto e aeroporto, propinas a bordo e seguro de asistencia. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 13 de febreiro.

Os interesados en obter máis información ao respecto poden chamar ao teléfono da Omix do Concello de Mos, 986 339 404. O prezo da viaxe por persoa en camarote interior é de 1.120 € e en camarote exterior 1.200 €.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here