O músico Tono Alcalde regresa de Rusia e actúa este sábado en Galo do Vento

Tono Alcalde

Recentemente chegado de Rusia da súa xira número 23 por este país, o cantante, guitarrista e compositor Tono Alcalde regresou a Vigo para realizar distintas actuacións ata volver retomar a súa exitosa actividade artística polo país máis grande do mundo.

Este sábado 19 de xaneiro terá lugar o seu primeiro concerto no Galo do Vento, “onde fará cancións para refrescar a alma coa súa inconfundible guitarra e voz”. Para a ocasión contará coa colaboración do músico cubano Willy Mondeja, así como algún que outro artista invitado. O repertorio será orixinal, e ademais tocará algunha que outra versión.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here